|
AXUDAS INDIVIDUAIS PARA A PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE |
|
|
|
08/04/10 |
|
Concesión de axudas individuais, para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia, co fin de colaborar en determinados gastos realizados no ano 2010. - Axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
- Adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda
- Adquisición de próteses dentais e audífonos.
PERSOAS BENEFICIARIAS - Persoas maiores, de 65 ou máis anos. - Persoas con discapacidade, menores de 65 anos, que teñan recoñecido un grao de minusvalidez igual ou superior ó 33% - Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos Graos III e II, e nos Niveis 1 e 2, ou que teñen solicitada e se lle recoñeza en calquera dos graos e niveis anteriores. PRAZO DE PRESENTACIÓN Ata o 7 de maio de 2010 MÁIS INFORMACIÓN No Departamento de Servizos Sociais do Concello, situadas no baixo da Vivenda Comunitaria, R/ Coruña, s/n (acceso polo parque infantil)Teléfono: 981 104309 |