|
19/11/06 |
|
UNIDADE DO HÁBITAT: A aldea é a unidade do hábitat máis elemental, formada por unha agrupación de casas de reducidas dimensións, aínda que máis grandes ca noutras partes de Galicia. HABITANTES POR ALDEA: Se calculamos unha media entre a poboación actual do concello e o número de entidades de poboación atopámonos cunha cifra de 78 habitantes por aldea. VIVENDA TIPO: Tradicional, con múltiples variantes asociadas ás melloras económicas da segunda xeración de emigrantes, sobre todo, os que se dirixiron a centroeuropa, que cando retornaron invistiron os seus aforros nas vivendas, e, en menor medida, nas explotacións agropecuarias. Xeralmente son de dúas alturas, muros de cachotaría reforzados nas esquinas e nos marcos con pedra de cantaría, cubertas a dúas augas e maioritariamente con tella curva. Con alpendres, palleiras e outras construcións para diferentes usos complementarios á vivienda. Son abundantes as lareiras e os hórreos
|