|
INICIO DO CURSO DE LÍNGUA GALEGA CELGA 4 |
|
|
|
23/03/10 |
|
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística,concedeulle ó Concello de Santa Comba o curso preparatorio de lingua galega CELGA 4. A data de inicio é o 23 de marzo. Terá lugar de luns a xoves, en horario de 20,30 a 22,30. Infórmase de que hai prazas vacantes que poderán cubrirse ata o día 25 de marzo, pois é o día en que remata o prazo para o pagamento das taxas por dereitos de exame. Poderán inscribirse traballadores/as desempregados/as ou traballadores/as en activo. INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO CASA DA CULTURA Teléfonos: 981 880275 - 663728782
|