|
O Concello de Santa Comba, a través da Oficina de Formación, solicitoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os cursos de lingua galega ( CELGAS ) que a continuación se relacionan: - CELGA 2 - CELGA 3 - CELGA 4 Son cursos preparatorios, abertos ó público adulto en xeral, de carácter gratuíto. O número máximo de asistentes a cada curso será de 30. A Resolución relativa ós mesmos saíu publicada no DOG nº 5, do luns 11 de xaneiro de 2010. O prazo de inscricións nas probas rematará o día 25 de marzo de 2010 para a convocatoria de maio e o 7 de outubro de 2010 para as probas de novembro. O Concello de Santa Comba abre un prazo para presentar a solicitude de participación nestes cursos preparatorios que será do 21 de xaneiro ó 26 de febreiro de 2010. MÁIS INFORMACIÓN: OFICINA DE FORMACIÓN CASA DA CULTURA DE SANTA COMBA TELÉFONOS: 981 880275 - 663728782
|