|
II FESTIVAL DE REGUEIFAS E HIP-HOP DE SANTA COMBA DÍA: 16 DE OUTUBRO HORA: 21:00 H. LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS MUNICIPAL O evento constará das seguintes partes: Introdución Apertura do festival coa interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia, da man do Grupo de Música e Baile Tradicional do Concello. Primeira parte Presentación a cargo de Pinto de Herbón e Luis “O Caruncho” Segunda parte: Desafíos orais en verso por parte de tódolos regueifeiros convidados: Juan Rial, “Ventura”; María Maneiro Pais e Manuel Barcia, “Falabarato”, de Santa Comba; Fermín Calvo, de Coristanco; e Suso e Antonio de Xornes, de Ponteceso, xunto con Pinto de Herbón e Luis “O Caruncho”. Terceira parte:Actuación de hip-hop da man de García M.C. (do coñecido colectivo de hip-hop “Dios ke te crew”) e dun graffiteiro. Cuarta parte: Improvisación en verso rapeada. Quinta parte:Clausura do festival con degustación de regueifas e viño doce para tódolos asistentes.
|