|
19/11/06 |
|
CLIMA: Oceánico hiperhúmido, cunha lixeira continentalización debido á altitude e ás montañas que o rodean, con temperaturas suaves e abundantes precipitacións. TEMPERATURAS MEDIAS: Suaves, entre os 12º e 13º C. A diferenza entre as medias do mes máis frío (xaneiro) e do máis cálido (agosto) é de menos de 10ºC, e é pouco frecuente, nos primeiros descensos diúrnos, por baixo dos 6º C. Non sucede o mesmo nas madrugadas nas que adoitan ser numerosos os descensos que roldan o os cero graos e mesmo por debaixo deles. PRECIPITACIÓNS: Abundantes, cunha media de 2.063 mm anuais. O período máis húmido corresponde ós meses comprendidos entre novembro e febreiro, que concentran máis do 50% das chuvias e cunha media de 18 días de chuvia ó mes. O mes máis chuvioso é xaneiro, con 321 l/m2, e o máis seco xullo, con 32 l/m2. Son nove os meses nos que se recollen máis de 100 l/m2 (de outubro a maio). XEADAS: Frecuentes e moi importantes, dada a altitude destas terras, con seis meses de media con risco de xeada. NEVADAS: A chuvia é a única forma de precipitación e as nevadas son un fenómeno bastante excepcional; poden transcorrer varios anos sen que se produzan, e cando chegan (entre decembro e marzo) duran moi pouco tempo, o que pode supoñer unha media de tres días de neve. VERÁNS: Curtos, con temperatura agradables. INVERNOS: Moi chuviosos, húmidos e frescos, cunha longa duración de predominio dos días anubrados de escasa insolación. VENTOS: Sopran con violencia e provocan unha elevada pluviosidade.
|