Inicio arrow Concello arrow AEDL arrow XUNTANZAS INFORMATIVAS
XUNTANZAS INFORMATIVAS Imprimir Correo-e
17/06/09

XUNTANZAS INFORMATIVAS

 

1. Xuntanza do Programa GDR-24 Plan Leader 2007-2013

 

Con motivo da apertura da convocatoria para a solicitude de axudas ao abeiro do Plan Leader 2007-2013, a Asociación Terras de Compostela e o Concello de Santa Comba realizará unha xuntanza informativa coa intención de expoñer o funcionamento do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural): liñas de actuación, prazos de presentación, requisitos dos proxectos, quen pode ser beneficiario, contías das subvencións,...

- Organizadores: Asociación Terras de Compostela e Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Santa Comba

- Destinatarios: Empresas, emprendedores, entidades asociativas, persoas físicas,..

- Ponentes: José Montes, Ignacio Fernández Dosil, e Josefa Fernández Fernández, presidente, xerente e administrativa-técnico da Asociación Terras de Compostela.

- Lugar e data: Edificio Multiusos, luns 22 de xuño ás 21:00 horas

 

2. Xornada Centro Comercial Aberto (CCA) de Santa Comba

 

Co ánimo de levar a cabo a constitución, implantación e desenvolvemento do Centro Comercial Aberto (CCA) de Santa Comba, a Asociación de Empresarios de Santa Comba e o Concello de Santa Comba realizará unha Xornada informativa sobre o seu funcionamento, xestión, posibilidades, etc.

- Organizadores: Asociación de Empresarios de Santa Comba e Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Santa Comba

- Destinatarios: Profesionais do sector comercio e servizos.

- Ponentes: Paula Oreiro -Consultora de Dinamización- do Grupo Isonor

- Lugar e data: Edificio Multiusos, xoves 25 de xuño ás 20:00 horas

 

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba.

Telf.: 981 81 86 79 - Fax: 981 88 04 01 - E-mail: Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela

 
< Anterior   Seguinte >