Inicio arrow Concello arrow Servizos Sociais arrow PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES - IMSERSO
PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES - IMSERSO Imprimir Correo-e
25/05/09
Modalidades:Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2009 e xuño de 2010, segundo a modalidade:
  • Estadías en zonas costeiras.
  • Viaxes culturais para coñecer a Historia e a Arte de España.
  • Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescas.
  • Intercambio con outros países.
Servizos incluídos:
  • Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación
  • Póliza colectiva de seguros
Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características, non se inclúen os servizos médicos e programa de animación. Prezos por persoa das diferentes quendas:A previsión de prezos para a tempada 2009/2010 é a seguinte:
Destinos8 días10 días15 días15 días combinados29 días29 días combinados
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana160,40 €207,50 €303,20 € 514,50 €545,70 €
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte)136,10 €168,90 €246,00 €   
Baleares187,50 €238,10 €327,80 € 545,10 €575,90 €
Baleares (sen transporte)136,10 €168,90 €246,00 €   
Canarias244,10 €311,70 €462,50 €493,20 €  
Portugal178,20 €Estes prezos inclúen o aloxamento en habitación dobre a compartir.
No caso de aloxamento en habitación individual estes prezos teñen un incremento de 12,70 € por noite para os destinos de península e Baleares, 14,70 € por noite para Canarias e 17,85 € por noite para os destinos de viaxes Culturais e Turismo de Natureza.
Viaxes culturais (6 días)170,10 €
Turismo de Natureza ( 5 días)164,40 €

-Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais durante 6 días (5 pernoctacións) en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica. -Turismo de natureza: Realizaranse en quendas de 5 días (4 pernoctacións) en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza. Solicitantes:Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
  • Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
  • Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
  • Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice con seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.

 

PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20 DE XUÑO DE 2009 MÁS INFORMACIÓN : DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO tELF: 981 880075
 
< Anterior   Seguinte >