|
19/11/06 |
|
Río Xallas. Elemento definidor da bisbarra que drena e articula a paisaxe. Recolle cursos de auga mentres cruza o concello de Nordeste a Sudoeste, e divide o municipio nunha parte norte e outra sur, para proseguir por Mazaricos e desembocar na ría do Ézaro no municipio de Dumbría. Era o único río de Europa que desembocaba en fervenza ata a súa canalización por unha hidroeléctrica. Na actualidade só sucede este fenómeno en épocas de copiosas e contínuas chuvias, e con fins turísticos en días concretos do verán. (Falamos máis amplamente deste tema nun capítulo específico).
|