|
O Concello de Santa Comba solicitou un obradoiro de emprego á Consellería de Traballo e Benestar. As accións formativas que se solicitaron son: - Albanelaría ( 15 alumnos/as ) - Carpintaría ( 15 alumnos/as ) Estes programas mixtos de formación e emprego están dirixidos á mellora da empregabilidade das persoas traballadoras desempregadas de 25 ou máis anos de idade, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social. Ademais de estar inscrito na Oficina de Emprego, é necesario ter solicitado na mesma participar nun obradoiro de emprego. As bases reguladoras destas axudas poden consultarse no DOG nº 9 , do 14 de xaneiro de 2009 ( Orde do 30 de decembro de 2008 pola que ese establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de escolas-obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2009 ). INFORMACIÓN: Oficina de Formación e Emprego Casa da Cultura Teléfono: 981880275 - 663728782
|