|
A VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR, A TRAVÉS DA SECRETARÍA XERAL DO BENESTAR, CONVOCA PARA O ANO 2009 UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL BENEFICIARIOS DO PROGRAMA: Poderán acollerse a este programa as persoas que reúnan os seguintes requisitos: a) Ser maior de 65 anos ou maior de 60 coa condición de pensionista b) Residir en Galicia c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de aistir ó Programa. d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin transtornos mentais ou condutuais, que poidan alterar a normal convivencia. e) Respecto ás quendas de carácter termal, precisar o tratamento solicitado. f) Ter presentado a solicitude dentro do prazo establecido. g)Acadar a puntuación que lle permita acceder ó destino solicitado. h) Ter efectuado a oportuna aceptación da praza e o pagamento do prezo estipulado.
DÚAS MODALIDADES: TURISMO DE INTERCAMBIO E TURISMO TERMAL TURISMO DE INTERCAMBIO: Destino Portugal (120 prazas) TURISMO TERMAL: iIncorporación de novos balnearios (Aculla Illa da Toxa, Mondariz e Outariz), e ofértanse dúas opcións: SÓ TRATAMENTO TERMAL: Inclue unicamente o tratamento termal, mentres que o desprazamento e o alonxamento son por conta do beneficiario. 1015 prazas. TODO INCLUIDO: Comprende transporte, aloxamento, manutención, tratamento termal, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros. 2139 prazas PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 15 DE ABRIL |