|
Programa de Iniciativas Emprendedoras e de Emprego (I+E+E) ano 2009 - Obxecto: apoiar, fomentar e dinamizar o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable. - Beneficiarios: empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, xa que para estas existe e deben acollerse ó seu programa específico. (Ver Programa de Promoción do Emprego Autónomo). As empresas solicitantes deberán cumprir, xunto cos requisitos establecidos na Orde, as seguintes circuntancias: · Ser empresas de nova creación · Ser viables económica e finaceiramente · Xerar emprego estable · Ser promovidas, como máximo, por cinco persoas · Non ter un capital social superior a 120.202 €. e que, polo menos, o 50% do mesmo sexa titularidade dos promotores/as desempregados/as que creen o seu propio posto de traballo na empresa. Tipos de Axuda: Subvención á xeración de emprego estables: os postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os dos propios promotores/as, que sexan ocupados por persoas desempregadas, ata un máximo de 10, incentivaranse dende 3.000 ata 6.000 € segundo as características do/a desempregado/a. Subvención financeira: consistente nunha redución de xuros de préstamos para financiar os investimentos en activo fixo necesarios para á creación e posta en marcha da empresa. Subvención para a asistencia técnica: dirixida tanto á formación coma á realización externa de estudos de mercado e análogos . Subvención para o inicio da actividade: para o financiamento dos primeiros gastos da actividade: constitución, aprovisionamentos, alugueiro de local,… Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos/as promotores/as: para custos de gardaría dos fillos/as menores de 3 anos.
Solicitudes e prazo: as solicitudes remitiranse á delegación da Consellería de Traballo (ou ó Dr. Xeral de Promoción do Emprego cando a actividade se vaia desenvolver en máis dunha provincia da Comunidade). O prazo xeral de presentación de solicitudes remata o 15 de setembro de 2009 e respectarase, en todo caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de subvención. Podes acceder á convocatoria do Programa e ás solicitudes premendo no seguinte enlace: Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)(TR340K) Información: Axencia de Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba. Telf.: 981 81 86 79 - Fax: 981 88 04 01 - E-mail:
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
|