|
Os días 30 e 31 de marzo en horario de mañá levaranse a cabo no Concello de Santa Comba varios " CURSOS DE CONDUCIÓN EFICIENTE `PARA VEHÍCULOS TURISMO " , dirixidos a toda persoa interesada que dispoña de carné de conducir de clase B. Aprende a aplicar técnicas de condución eficiente que che permitirán: - Aforrar un 15% de combustible. - Aforrar en gastos de mantemento. - Reducir as emisións contaminantes. Son cursos gratuítos. DURACIÓN: 2 horas, con clases teóricas e prácticas en circuito. ORGANIZA: FAEPAC ( Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña ). PATROCINAN E COLABORAN: Xunta de Galicia, Inega, DGT ( Dirección General de Tráfico, Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: OFICINA DE FORMACIÓN CASA DA CULTURA Teléfono: 9814 880275
|