|
1.- Poderán participar tódalas persoas interesadas. 2.- As inscricións para o concurso faranse na Casa da Cultura ou no Edificio Multiusos, teléfonos 981.880275 – 981. 881462 e a data límite para inscribirse será ás 14:00 horas do xoves 19 de febreiro de 2009. 3.- O ditame do concurso terá lugar no Pavillón de Fontenla o domingo 22 de febreiro, ás 19:30 horas dentro dos actos de celebración da Festa do Entroido 2009. Haberá que entregar as filloas o domingo 22 de febreiro dende as 15:00 ás 17:00 horas, no mesmo Pavillón. 4.- Para participar no I Concurso de Filloas do Concello de Santa Comba, haberá que presentar un mínimo de 25 filloas. 5.- No concurso valorarase a orixinalidade, sabor e ingredientes. A persoa gañadora recibirá un premio consistente nunha Velada Termal nun Hotel Balneario. Os premios non serán canxeables por cartos, e será necesario estar presente para recoller o premio. 6.- A valoración das filloas e o ditame do Concurso farao un xurado formado por profesionais do sector hostaleiro e persoal do Concello de Santa Comba. Despois da decisión, as filloas repartiranse entre o público asistente á Festa do Entroido 2009. 7.- A publicidade das bases estará na páxina web do concello, www.santacomba.es, e as bases poderán recollerse na Biblioteca Municipal. 8.- A organización reserva o dereito de solucionar calquera conflito que poida derivar da súa interpretación. 9.- A participación neste concurso supón a aceptación implícita destas bases.
|