RESULTADOS DO X CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA “O NADAL” Na Casa da cultura de Santa Comba, o día 2 de decembro, fallouse o X CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA PARA ESCOLARES “O NADAL”, que se organiza con motivo do Nadal. A finalidade é a de facer unha postal co debuxo ou pintura que leve o 1º premio; que será coa que o alcalde felicite estas festas a nivel institucional. O xurado estivo formado por representantes dos distintos centros educativos participantes no concurso e persoal do Departamento de Cultura do concello. Os resultados foron os seguintes: 1º PREMIO: LUCÍA IGLESIAS ARINCÓN.- C.P.R. NTRA. SRA. INMACULADA 2º PREMIO: LETICIA MOUZO SOUTO.- C.E.I.P. PEPE XAN BAÑA 3º PREMIO: JORGE CASTELO MOURELLE.- C.E.I.P. BARRIÉ DE LA MAZA ACCÉSIT: JORGE TURNES SUÁREZ.- C.E.I.P. BARRIÉ DE LA MAZA ACCÉSIT: NEREA ARES JALLAS.- C.P.R. NTRA. SRA. INMACULADA ACCÉSIT: MARTÍN FERNÁNDEZ AMEIJEIRAS.- C.E.I.P PEPE XAN BAÑA O acto de entrega de premios terá lugar o martes 16 de decembro; ás 18:00 horas no Salón de actos do Edificio Multiusos. Os traballos presentados ó concurso permanecerán nun dos taboeiros da Casa da Cultura desde o 9 de decembro ata o 9 de xaneiro. En hora boa a todos.
|