|
Bolsas para libros e material escolar - Curso 2008/09 |
|
|
|
30/09/08 |
|
O Concello de Santa Comba concede axudas para a merca de libros e material escolar ós alumnos matriculados nos centros escolares do Municipio que cursen Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria . REQUISITOS: Estar empadroado e ter residencia efectiva permanente no Concello de Santa Comba. Ter fillos/as en idade escolar obrigatoria matriculados nos centros de ensino público que lle corresponden pola súa residencia . Deberá acreditarse a condición de non repetidor Non superar os ingresos económicos fixados nos baremos das bases destas axudas, publicadas no BOP nº 226, do 30 de setembro de 2008. Non ter recibida axuda polo mesmo concepto. Non ser debedor de Facenda Municipal. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Santa Comba.
lUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE As solicitudes deberán formularse no modelo que se lle facilitará no Departamento de Servizos Sociais do Concello ata o 20 de outubro do presente ano.
|