|
EXCURSIÓN A TERMATALIA "FEIRA INTERNACIONAL DO TURISMO TERMAL" |
|
|
|
26/09/08 |
|
EXCURSIÓN A TERMATALIA “FEIRA INTERNACIONAL DO TURISMO TERMAL” Está aberto o prazo para inscribirse nunha excursión ( preferentemente xente en activo) a Expourense, para á 8ª edición de Termatalia “Feira Internacional do Turismo Termal”; evento que pretende difundir a Cultura da Auga, e impulsar o turismo da saúde. Día: 4 de outubro. Saída: ás 9:00 horas. Regreso: 21:00 horas. Lugar saída: Casa da Cultura. Prezo: 10 €. Inclúe: Autobús. Entrada á feira. Visita guiada á feira. Xantar. Visita turística á cidade de Ourense, cun percorrido pola zona histórica e polas termas. Para anotarse: Na Casa da Cultura (981.880 275)
|