Inicio arrow Concello arrow Deporte arrow GRAN FESTA NA PISCINA MUNICIPAL AO AIRE LIBRE
GRAN FESTA NA PISCINA MUNICIPAL AO AIRE LIBRE Imprimir Correo-e
22/08/08

O Vindeiro venres 29 de agosto dende as 12 da maña ata ás 19:00h, a Concellería de Deportes organiza unha gran festa na piscina descuberta con inchables, discoteca móbil, tobogáns acuáticos e un obradoiro de globoflexia para os máis pequenos.

Toda a xente que participe nesta gran festa acuática, deberá traer bañador, chanclas e gorro.

 

A entrada é de balde e cada neno/a será obsequiado cun agasallo patrocinado pola Concellaría de Educación, Xuventude, Cultura e Deportes do Concello de Santa Comba.

 

Desde a Oficina Municipal de Deportes queremos animar, se está bo día, a tódolos xalleiros a que participen nesta actividade

 

 
< Anterior   Seguinte >