Inicio arrow Concello arrow AEDL arrow Master Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais
Master Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais Imprimir Correo-e
21/08/08

O Master en Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, está dirixido a titulados universitarios de grao medio ou superior que, pola distribución do seu tempo dispoñible ou pola distancia do seu lugar de residencia, non poden seguir un curso presencial.

Metodoloxía: o/a alumno/a disporá de 9 meses para realizalo curso a través da Plataforma de Teleformación E-RECURSOS www.recursosgalicia.es , durante os cales o/a alumno/a terá total liberdade para realizar os distintos temas desde calquera ordenador conectado a Internet, a calquera hora e dedicándolle o tempo que estime oportuno.

Duración: o/a alumno/a disporá de 9 meses para a realización do curso completo, durante os cales deberá realizar as 350 horas da parte común e as 100 horas para cada unha das tres especialidades:

- 3 meses para a parte común

- 2 meses para cada especialidade

Avaliación e Titulación:

- á finalización do curso realizarase unha proba de avaliación presencial tipo test

- proxecto: o/a alumno/a debe realizar un proxecto por cada especialidade, que deberán ser entregados o mesmo día do exame.

- titulación: unha vez superado o curso, e segundo a lei, o/a alumno/a recibirá a certificación que lle acreditará para exercer as funcións de Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, homologado pola Xunta de Galicia e de aplicación en todo o territorio nacional.

Prezo: o Concello de Santa Comba asinou un convenio coa empresa Recursos Galicia SL polo cal os residentes do Concello poderán gozar dun 35% de desconto no custo da matrícula con só presentar un certificado de vecindade expedido pola responsable de formación.

 

MODALIDADECUSTE REALOFERTA CONCELLO
Teleformacion1.070 €¡¡ 695 € !!

 

Prazo Matrícula e Forma de Pagamento:

- o curso comezará en outubro e o prazo de matriculación remata o  17 de setembro de 2008!!!!!!

- o pagamento realizarse en tres prazos sen xuros. O primeiro, corresponderá ó 40% do total, que se fará efectivo ó formalizar a matrícula, e dous pagamentos posteriores do 30% ós 30 e 60 días da data de matriculación.

 

* Poderán obter información complementaria sobre o Master e a ficha de inscrición, na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Santa Comba, sita na Casa da Cultura; no telf. 981 818 679 ou a través da dirección de correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela

 

IMPORTANTE: O PRAZO LÍMITE PARA MATRICULARSE ADIÁNTASE Ó 17 DE SETEMBRO!!!!!!!

 

 
< Anterior   Seguinte >