|
PROGRAMA: “NOITE DE CINE 2008”. A Concellaría de Cultura do Concello de Santa Comba en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza unha nova edición do programa “NOITE DE CINE 2008”. As longametraxes que se proxectarán son: * EL DIABLO SE VISTE DE PRADA. Comedia Día: 5 de agosto. Hora: ás 22 horas. Lugar: Campo da Feira. Con Meryl Streep. Dúas nominación ó Óscar 2007. Gañadora do Globo de Oro mellor actriz. Divertida comedia ambientada no vertixinoso mundo da moda en Nova York: unha moza desaliñada entra a traballar no pequeno exército de guapísimas xornalistas da moda do equipo da revista Runway (Vogue), e pronto empeza a entender que para triunfar neste negocio vai necesitar algo máis que iniciativa e determinación. * UNA NOCHE EN EL MUSEO. Comedia de aventuras. Día: 21 de agosto. Hora: ás 22 horas. Lugar: Campo da Feira. Con Mickey Rooney e Robin Williams. Larry acepta un traballo como garda de seguridade nocturno do Museo de ciencias naturais de Nova York. Durante a noite suceden cousas extraordinarias: maias, gladiadores romanos, dinosauros… saen das súas exposicións para participar en batallas épicas. * LADYKILLERS. Comedia dos Cohen. Día: 27 de agosto. Hora:ás 22 horas. Lugar:Campo da Feira. Dos catro veces gañadores do Óscar, Joel e Ethan Cohen. Con Tom Hanks. Gañadora do premio do xurado no Festival de Cannes. Comedia na que un excéntrico profesor organiza unha banda de ladróns pouco competentes para roubar o Bandit Queen, un barco casino do Mississipi. * ARTHUR Y LOS MINIMOYS. Animación. Día: 19 de setembro. Hora: 18:00 horas. Lugar:Edificio Multiusos. Debuxos animados e imaxe real. Xusto cando a súa avoa está a piques de perder a casa na que vive, Arthur lembra que o seu avó lle falou dun gran tesouro oculto na terra dos Minimoys, un universo de pequenos seres fantásticos. O maior proxecto de animación feito en Europa. Con Mia Farrow. * DE PROFUNDIS.Animación para adultos. Día: 26 de setembro. Hora: 18:00 horas. Lugar: Edificio Multiusos. Debuxos animados do coruñés internacional Miguel Anxo Prado e banda sonora de Nani García: unha viaxe ó fondo do mar, un soño en imaxes, un poema animado…
|