|
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), fixo pública o día 2 de xullo a Resolución pola que convoca as subvencións ós proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galiza para o período 2008-2009 O prazo de presentación das solicitudes remata ós 60 días naturais a partir da data de publicación no DOG, é dicir, o 1º de setembro de 2008 A convocatoria recolle cinco medidas de actuacións, todas elas encamiñadas á Dinamización Económica e á Mellora da Calidade de Vida. Estas medidas son: - Diversificación cara ás actividades non agrarias
- Creación e desenvolvemento de microempresas
- Fomento de actividades turísticas
- Servizos básicos para a economía e a poboación rural
- Conservación e mellora do patrimonio rural
Os beneficiarios e a intensidade da axuda serán distintos segundo o proxecto que se pretenda realizar e a inclusión deste na correspondente liña de actuación O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados ós proxectos subvencionados será o 15 de outubro de 2009, e o prazo límite para a xustificación dos mesmos será o 30 de outubro do mesmo ano Os interesados poden obter documentación normalizada ou información adicional, segundo o caso, a través dos seguintes medios: - Na páxina web de Agader http://agader.xunta.es
- No teléfono 981 54 73 82
- No enderezo electrónico:
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
- Presencialmente, previa cita, no teléfono de Agader 981 54 73 82
- Na oficina de desenvolvemento local do Concello
Pode acceder á Resolución 18 de xuño de 2008, pola que se anuncia a convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ó período 2008-2009, prema aqui.
|