Inicio arrow Concello arrow Psicólogo arrow SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA.
SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA. Imprimir Correo-e
09/06/08

O Servizo de Atención Psicolóxica ten por obxectivo ou tarefa fundamental a prevención, diagnóstico e tratamento de todo tipo de transtorno psíquico da poboación do concello.

  

Outras tarefas que desempeña este servizo son:

  • Atención Temperá: onde se realizan todas aquelas actividades encamiñadas á consecución do maior desenvolvemento integral posible  dos nenos/as con deficiencia psíquica, física ou sensorial:

- Deficiencia mental.

- Transtornos da comunicación ou linguaxe.

- Transtornos motóricos.

- Transtornos da aprendizaxe.

- Transtornos xeralizados do desenvolvemento.

- Etc. 

  Ós pais ofréceselles asesoramento e información sobre o transtorno que padece o seu fillo, para que poidan realizar un traballo óptimo con el dentro do fogar familiar, e teñan ademais unhas expectativas reais sobre o desenvelvemento do mesmo.

 

  • Apoio psicopedagóxico a discapacitados e persoas con dificultades da aprendizaxe.
  • Orientación en conflitos familiares.
  • Valoración , diagnóstico e tratamento de transtornos psicolóxicos:

- Transtorno de comportamento.

- Ansiedade.

- Depresión.

- Fobias.

- Transtornos amnésicos.

- Transtornos relacionados con substancias aditivas.

- Transtornos do sono.

- Transtornos da conduta alimentaria.

- Transtornos do control de impulsos.

- Etc.

 

  • Creación e desenvolvemento de programas preventivos de saúde mental.
  • Elaboración de informes psicolóxicos a petición de particulares ou para institucións.
  • Colaboración con distintas entidades do concello e de fóra deste (educativas, sanitarias).
  • Titorización de prácticas de alumnos da facultade de psicolóxia e psicopedagóxia.

 

 

   ¿ Quen pode acudir a este servizo?

      Toda persoa que pertenza ó Concello de Santa Comba.

 

 

   ¿ Como poñerse en contacto connosco?

   Poden establecer contacto directo co psicólogo na seguinte dirección: Edificio Multiusos. Rúa Curros Enriquez S/N , ou ben chamando ó teléfono 981 81 87 10.

 

   HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO.

    

           DE LUNS A VENRES,  DE 9:00 A  15:00 HORAS.

     

 

 
< Anterior