|
SOLICITUDES E PERMISOS Pódense tramitar no teléfono 902 112 000 ou nas oficinas da Consellería de Medio Rural ( Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, delegacións provinciais, distritos forestais ) -O prazo para facer a queima é de 7 días desde que se concede o permiso. -Recoller a autorización na oficina que che indiquen e levala sempre contigo -No caso das comunicacións, anotar o número da notificación da queima. TIPOS DE QUEIMAS Queimas de restos agrícolas amoreados e forestais. Están totalmente prohibidas nas épocas de perigo alto de incendio e só se farán cando non haxa outro xeito de eliminar estes restos. As queimas de restos agrícolas precisan comunicación e as queimas de restos foresais, autorización da Consellería de Medio Rural. Queimas controladas Son aquelas realizadas para o control do mato como medida preventiva. Precisan da presenza de técnicos autorizados e dos servizos de extinción de incendios. Consellos para as queimas - Non facer as queimas se vai vento - Realizar as queimas durante o día, rematalas 2 horas antes do solpor e interrompelas no caso de levantarse o vento. - Facer unha devasa perimetral de polo menos cinco metros - Ter controlada a zona que se vai queimar. - Non facer nunca as queimas só. - Vixiar que o lume quede ben apagado. -Levar sempre o DNI, o teléfono móbil e o número da comunicación ou copia da autorización. PARA DAR ALARMA DE INCENDIO FORESTAL Chama ó número 085 Se a liña estivese ocupada pódese chamar ó 112 Para dar alarma de actividade incendiaria chamar á Garda Civil ó teléfono 062 Todas estas chamadas son gratuítas.
|