¿QUE É O C.I.M.(CENTRO DE ATENCIÓN ÁS MULLERES)? - É un servizo de ámbito local, promovido e sostido conxuntamente polo Concello e o S.G.I. (Servizo Galego de Igualdade), totalmente gratuíto, que ofrece atención ás necesidades de tódalas mulleres, de xeito anónimo e confidencial.
¿QUE PRETENDE? - Buscar que a igualdade de oportunidades sexa unha realidade
- Activar a participación das mulleres en tódolos aspectos da vida.
- Fomentar o asociacionismo e colaborar no funcionamento das asociacións.
¿QUE SERVIZOS OFRECE? - Información e asesoramento.
- Cursos, conferencias, xornadas, obradoiros…
- Creación e apoio ás asociacións de mulleres
- Recursos e servizos sociais
ATENCIÓN PSICOLÓXICA - Problemas familiares, conflitos de parella, abandono do fogar, etc.
- Mulleres vítimas de malos tratos.
- Neuroses (depresión, ansiedade,…)
- Intervencións psicolóxicas en agresións sexuais, acoso,…
- Adiccións e transtornos alimentarios (alcolismo, anorexia, bulimia, etc.)
ASESORAMENTO XURÍDICO - Trámites xustiza gratuita
- Dereito de Familia: separacións, divorcio, unións de feito.
- Dereito Civil: sucesións, doazóns,…
- Dereito Penal: agresións, ameazas, malos tratos, orde de protección.
- Dereito Laboral: maternidade e paternidade, incapacidades laborais.
¿QUE ACTIVIDADES DESENVOLVE? - De formación: cursos (inglés, informática, manualidades, etc.), obradoiros (autoestima, relaxación, educación en igualdade, eliminación da violencia, etc.), escolas de nais e pais,…
- De lecer : viaxes culturais, teatro,…
- Conmemorativas: 8 de marzo e 25 de novembro.
¿QUEN ATENDERÁ ÁS DEMANDAS? - Unha psicóloga
- Unha asesora xurídica
HORARIO Luns: 10:00 h. – 15:00 h e 16:30 h. - 19:30h. Martes: P.I.M.: Mazaricos 9:30 h. - 11:30 h. C.I.M.: Santa Comba de 12:00 h. - 15:00 h. Mércores, xoves e venres: 10:00 h. - 15:00 h. Luns, mércores e venres: 15:00 h. - 21:00 h. Martes: 9:00 h. – 15:00 h. Xoves: P.I.M.: Mazaricos: 9:30 h. – 11:30 h. C.I.M.: 12:00 h. – 15:00 h. Luns a venres de 12:00 h. a 15:00 h. ¿ONDE ACUDIR? Edificio Multiusos. 1º andar Rúa Curros Enríquez, s/n 15840 Santa Comba Teléfono: 981 818710 Fax: 981 818712 Correo: cim @santacomba.es |