|
CARACTERIZACIÓN FÍSICO-QUÍMICA DAS AUGAS DE SANTA COMBA Por cuestións técnicas algunhas mostras tomáronse nos límites do Concello de Santa Comba ou fóra deles, co obxecto de ter unha información máis fiable da calidade das augas, sobre todo, nas mostras obtidas no Río Xallas, co obxecto de poder obter información do mesmo no seu inicio, o seu paso polo Concello de Santa Comba e a saída deste. A continuación indícanse os resultados dos parámetros utilizados e as conclusións obtidas en base os índices de calidade. Como resumo de todo isto, podemos indicar que neste municipio a causa máis importante dun deterioro da calidade das augas subterráneas, como consecuencia da acción humana, é a das prácticas agrícolas, o uso de fertilizantes, pesticidas, fertilizantes de tipo orgánico, o aumento da construción de foxas sépticas é o estercado dos terreos con residuos animais. Os residuos líquidos e a materia orgánica resultante da cabaña de animais dan lugar, tamén, a unha contaminación de tipo orgánico. Estas prácticas afectan as augas de distinta forma dependendo da zona onde se atopen, pero, en xeral, ás augas do Concello pódense considerar como frías, refrescantes, claras, agresivas para as conducións e canalizacións, de baixa dureza, cálcico-sodicas, de boa calidade, non potables pero sanitariamente permisibles para a bebida situadas na categoría 12 (abundancia e tratamento simple), e para o baño situadas na categoría 11 (abundancia e aceptables), todo iso coas reservas e puntualizacións indicadas máis concretamente nas seguintes conclusións: |