Inicio arrow Datos Xerais
Datos Xerais
Topografía Imprimir Correo-e
19/11/06
Situada na faixa prelitoral do Atlántico galego, esténdese entre as serras centro occidentais e o

Atlántico, concretamente na chaira occidental coruñesa, que comprende os espazos xeográficos do Val

do Dubra, Val de Barcala, Terra de Soneira, Xallas, Vimianzo e As Mariñas, caracterizadas por ser

terras amesetadas con predominio de superficies de aplanamento cortadas de norte a sur pola foxa

meridiana e de leste a oeste por cursos de varios ríos.

 
Morfoloxía Imprimir Correo-e
19/11/06
Suave, o que lle permite amosarse non só como un lugar de paso entre os núcleos de interior e os costeiros,

sobre todo, os da Costa da Morte, senón tamén como eixe vertebrador das actividades económicas

dunha ampla zona.

 
Distancias a outros lugares Imprimir Correo-e
19/11/06

Cidades: A Coruña: 58 Km. 45 minutos, en parte por autoestrada. Santiago: 33 Km. 25 minutos.

Poboacións de interior: A Baña 12 Km. Zas 14 Km. Baio 21 Km. Carballo 26 Km. Coristanco 21 Km.

Mazaricos 26 Km. Negreira 18 Km. Tordoia 15 Km. Val do Dubra 12 Km. Vimianzo 29 Km. Dumbría 25

Km.Costa da Morte: Fisterra 70 Km. Malpica 36 Km. Corme 38 Km. Laxe 29 Km. Camelle 39 Km. Camariñas

35 Km. Muxía 39 Km. Corcubión 41 Km. Cee 42 Km. Carnota 34 Km. Muros 32 Km.

Outras vilas costeiras: Outes 24 Km. Noia 28 Km.

 
Situación Imprimir Correo-e
19/11/06
Noroeste da Provincia da Coruña, no treito alto do Río Xallas. Entre os 42º 58´ e 42º 09´ latitude Norte

e entre os 5º 02´e 5º 16´de lonxitude Oeste. Case no centro dun triángulo formado pola Coruña,

Santiago e Fisterra

 

 

 
Xentilicio Imprimir Correo-e
19/11/06
Nalgúns documentos oficiais os habitantes deste municipio son denominados santacombeses, o que pode

levar a confusión pois o verdadeiro xentilicio dos habitantes deste municipio é xalleiros.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Resultados 28 - 34 de 34