Formulario de acceso






¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Inicio arrow Inicio
ENCONTROS DOS AXÓUXERES
03/02/11

O CONCELLO DE SANTA COMBA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA

 “OS ENCONTROS DOS AXÓUXERES”

(Sábado, 5 de febreiro)

 

 Esta iniciativa, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia co obxecto de fomentar o uso do galego no ámbito cotián, chega a Santa Comba, coa colaboración do seu concelleiro de cultura, Javier Facal, e baixo a coordinación do Servizo de Normalización Lingüística Municipal. 

 

Trátase dun espectáculo, de tipo participativo, que consiste "nunha viaxe polos cinco sentidos", a través de cantigas, coreografías, teatro, xogos e adiviñas adaptadas á idade do público, nenos menores de tres anos. A actividade terá lugar o sábado, 5 de febreiro, ás 18:30 horas, no Edificio Multiusos Municipal. 

 

Así mesmo, como colofón, o domingo 20 de febreiro ás 18:00 no mesmo edificio, celebrarase un obradoiro de cantos de arrolo tradicionais, de técnicas de masaxes para os bebés e de xogos de iniciación, co fin de axudar ós pais e nais a crear un maior vínculo co seu fillo nesta primeira etapa.

 

 

 

Para máis información: Edificio Multiusos. Tfno.: 981 81 87 10 / 663 729 202 (Responsable do Servizo de Normalización Lingüística: Ruth Otero) 

 
CONVOCATORIA CURSOS LINGUA GALEGA (CELGAS)
24/01/11

 

CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA (Celgas   2, 3 e 4

O Servizo de Normalización Lingüística municipal informa de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de facer pública a convocatoria dos cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos CELGAS (para particulares e colectivos de Galicia), polo que todos aqueles que estean interesados en realizar algún deles, deberán inscribirse antes do 18 de febreiro.

 

Para máis información, diríxase ó Edificio Multiusos. Responsable do Servizo de Normalización Lingüística Municipal (Ruth Otero). 

Teléfono directo: 663 729 202  / Teléfono Multiusos: 981 81 87 10.

 
CURSO PARA A OBTENCIÓN DA TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCCIÓN ( TPC )
21/01/11

O Concello de Santa Comba, en colaboración coa Fundación Laboral da Construción, oferta a tódalas persoas interesadas, a posibilidade de obter a TPC ( Tarxeta Profesional da Construción ), a través do curso de prevención de 8 horas, correspondente co 1º ciclo de formación que establece o IV Convenio da Construción ( Aula Permanente).

É un curso gratuíto.

As persoas interesadas deben dirixirse á Oficina de Formación, sita na Casa da Cultura de Santa Comba.

Documentación que se debe achegar:

- Fotocopia D.N.I..

- Cabeceira da última nómina, xustificante bancario do pagamento de Autónomos, ou ben, tarxeta de demandante de emprego no caso de desempregados.

Hai un mínimo de 15 prazas a cubrir en cada curso e un máximo de 25.

Máis información no teléfono: 981 880275 ( Oficina de Formación ).

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 49 - 54 de 214
Benvida
Antonio Landeira Gallardo

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, davos a benvida e deséxavos unha boa navegación pola web do noso concello.
 

Axenda

« < Febreiro 2012 > »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4