Formulario de acceso






¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Inicio
CURSOS DE CONDUCIÓN EFICIENTE
05/04/10

Os días 14 e 15 de xuño en horario de mañá levaranse a cabo no Concello de Santa Comba varios " CURSOS DE CONDUCIÓN EFICIENTE ", dirixidos a toda persoa interesada que dispoña de carné de conducir de clase B.

Aprenda a aplicar técnicas de condución eficiente que lle permitirán:

- Aforrar un 15% de combustible.

- Aforrar en gastos de mantemento.

- Reducir as emisións contaminantes.

Son cursos gratuitos.

DURACIÓN: cada curso dura 2 horas, con clases teóricas e prácticas en circuito.

ORGANIZA: FAEPAC ( Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña )

PATROCINAN E COLABORAN: Xunta de Galicia, Inega, Dirección General de Tráfico, Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata cubrir prazas ( 24 en total)

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

Oficina de Formación e Emprego Casa da Cultura Teléfono: 981 880275

 
INICIO DO CURSO DE LÍNGUA GALEGA CELGA 4
23/03/10

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística,concedeulle ó Concello de Santa Comba o curso preparatorio de lingua galega CELGA 4.

A data de inicio é o 23 de marzo. Terá lugar de luns a xoves, en horario de 20,30 a 22,30.

Infórmase de que hai prazas vacantes que poderán cubrirse ata o día 25 de marzo, pois é o día en que remata o prazo para o pagamento das taxas por dereitos de exame. Poderán inscribirse traballadores/as desempregados/as ou traballadores/as en activo.

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN:

OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO

CASA DA CULTURA

Teléfonos: 981 880275 - 663728782

 
PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ 2010
03/03/10

ACOLLIDA TEMPORAL DE NENOS SAHARAUÍS.

 

SON RAPACES E RAPAZAS REFUXIADOS DOS CAMPAMENTOS DO SUR DE ALXERIA, NADOS NUN CLIMA DE GUERRA, SOMETIDOS A DURAS CONDICIÓNS DE VIDA.

Ler máis...
 
CURSOS DE GALEGO: CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4.
22/01/10

O Concello de Santa Comba, a través da Oficina de Formación, solicitoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os cursos de lingua galega ( CELGAS ) que a continuación se relacionan:

- CELGA 2

- CELGA 3

- CELGA 4

Son cursos preparatorios, abertos ó público adulto en xeral, de carácter gratuíto.

O número máximo de asistentes a cada curso será de 30.

A Resolución relativa ós mesmos saíu publicada no DOG nº 5, do luns 11 de xaneiro de 2010. O prazo de inscricións nas probas rematará o día 25 de marzo de 2010 para a convocatoria de maio e o 7 de outubro de 2010 para as probas de novembro.

O Concello de Santa Comba abre un prazo para presentar a solicitude de participación nestes cursos preparatorios que será do 21 de xaneiro ó 26 de febreiro de 2010.

MÁIS INFORMACIÓN:

OFICINA DE FORMACIÓN

CASA DA CULTURA DE SANTA COMBA

TELÉFONOS: 981 880275 - 663728782

 
MANIPULADOR DE ALIMENTOS - ANO 2010
21/01/10

O Concello de Santa Comba levará a cabo as charlas para a obtención do diploma de MANIPULADOR DE ALIMENTOS para o ano 2010 nas datas seguintes:

- 23 de marzo

- 15 de xuño

- 14 de setembro

- 14 de decembro

Serán impartidas en horario de tarde ( inicio ás 16,00 horas ).

Poderanse impartir charlas con outras datas se existe un grupo de xente de 25 persoas como mínimo que confirmen a asistencia ás mesmas.

MÁIS INFORMACIÓN:

OFICINA DE FORMACIÓN

CASA DA CULTURA DE SANTA COMBA

Teléfonos: 981 880275 - 663728782

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 81 - 90 de 214
Benvida
Antonio Landeira Gallardo

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, davos a benvida e deséxavos unha boa navegación pola web do noso concello.
 

Axenda

« < Febreiro 2012 > »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4