|
|
Inicio
|
04/12/08 |
|
II CONCURSO DE ESCAPARATES NADAL 2008 - REQUISITOS. Primeiro premio: cincocentos (500) €uros líquidos Segundo premio: trescentos (300) €uros líquidos Terceiro premio: cento cincuenta (150) €uros líquidos
Ós finalistas faráselles entrega dun trofeo conmemorativo do concurso. Información e regras do concurso: na Oficina de Desenvolvemento Local, na Casa de Cultura. Telf: 981 88 02 75 / 981 818 679 e-mail:
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
|
|
|
03/12/08 |
RESULTADOS DO X CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA “O NADAL” Na Casa da cultura de Santa Comba, o día 2 de decembro, fallouse o X CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA PARA ESCOLARES “O NADAL”, que se organiza con motivo do Nadal. A finalidade é a de facer unha postal co debuxo ou pintura que leve o 1º premio; que será coa que o alcalde felicite estas festas a nivel institucional. O xurado estivo formado por representantes dos distintos centros educativos participantes no concurso e persoal do Departamento de Cultura do concello. Os resultados foron os seguintes: 1º PREMIO: LUCÍA IGLESIAS ARINCÓN.- C.P.R. NTRA. SRA. INMACULADA 2º PREMIO: LETICIA MOUZO SOUTO.- C.E.I.P. PEPE XAN BAÑA 3º PREMIO: JORGE CASTELO MOURELLE.- C.E.I.P. BARRIÉ DE LA MAZA ACCÉSIT: JORGE TURNES SUÁREZ.- C.E.I.P. BARRIÉ DE LA MAZA ACCÉSIT: NEREA ARES JALLAS.- C.P.R. NTRA. SRA. INMACULADA ACCÉSIT: MARTÍN FERNÁNDEZ AMEIJEIRAS.- C.E.I.P PEPE XAN BAÑA O acto de entrega de premios terá lugar o martes 16 de decembro; ás 18:00 horas no Salón de actos do Edificio Multiusos. Os traballos presentados ó concurso permanecerán nun dos taboeiros da Casa da Cultura desde o 9 de decembro ata o 9 de xaneiro. En hora boa a todos. |
|
|
02/12/08 |
|
A Oficina Municipal de Deportes está organizando o evento deportivo do ano, a IV Gala do Deporte que se celebrará o vindeiro xoves 18 de decembro a partir das 20: 30 h. no Edificio Multiusos desta localidade. Nesta xuntanza deportiva, a Concellaría de Deportes vai premiar os deportistas e entidades xalleiras máis destacados do ano 2008, así como persoeiros históricos e ilustres na difusión do deporte, tanto na Terra do Xallas coma no resto de Galicia. Por medio deste proxecto, que vén coincidindo co nadal, axudaremos a afianzar e fortalecer a importancia da práctica deportiva na nosa sociedade. Este ano contaremos con deportistas de elite do mundo do fútbol e atletismo para apadriñar o acto. |
|
|
21/11/08 |
|
O Concello de Santa Comba, desde a súa Concellaría de Persoal, Comercio, Turismo, Promoción e Emprego, anuncia que o vindeiro día 15 de decembro, ás 11:00 horas terá lugar unha Charla informativa sobre a nova posta en marcha do Banco Municipal do Tempo, no Centro Social da Terceira Idade.
O Concello convida a tódolos xalleiros a participar |
|
|
21/11/08 |
|
O Concello de Santa Comba, dende a súa Concellaría de Persoal, Comercio, Turismo, Promoción e Emprego pon en marcha e implanta a Axencia Municipal do Banco do Tempo, consistente en:
¿ QUE É O BANCO DO TEMPO? O Banco do Tempo é o primeiro banco que funciona sen diñeiro. En este banco únicamente se pode depositar tempo, que se retira no momento de empregalo.No Banco do Tempo unha persoa deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servizo que desexa dar e, a cambio, pode solicitar tempo doutra persoa para resolver necesidades e actividades da vida cotiá. ¿QUE SERVIZOS PODEMOS INTERCAMBIAR NO BANCO DO TEMPO? Acompañar á nenos/as ó colexio ou a outras actividadesAcompañar á persoas maiores ó médico, á farmacia, ó banco, etcAxudar coas tarefas escolaresRealización de tarefas realcionadas co manexo do ordenadorFacer a compra a persoas maiores ou enfermosAxudar en pequenas limpezas ou reparacións domésticasCoidar animais ou plantasAxuda para a realización de xestións de índole administrativaAcompañar en diferentes actividades relacionadas co tempo de lecer (xogar as cartas, ensinar a facer gancho ou calceta, conversar coa xente maior na súa casa,…) Estes son soamente algúns exemplos de intercambios. O banco do tempo ofrece múltiples oportunidades de dar e recibir. ¿ COMO SE PODE FORMAR PARTE DO BANCO DO TEMPO? Todas as persoas temos cousas para dar e pedir. Calquera persoa, muller, home, maior ou xoven que resida no Concello pode inscribirse no Banco do Tempo cumplimentando o impreso de adhesión ou chamando por teléfono.En tódolos casos é necesario manter unha entrevista coa coordinadora do Banco para poder decidir que podemos dar e que solicitamos recibir.
A admisión no Banco do Tempo implicará a aceptación das normas de intercambio.
Información e inscripción: Banco Municipal do Tempo do Concello de Santa Comba. Casa da Cultura. Avda. Alfonso Molina s/n 15840 Santa Comba. Telf.: 981 818679 - Fax: 981 880401 - E-mail:
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
|
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
| | Resultados 71 - 80 de 132 |
|
|

Miguel Pérez Fernández, alcalde presidente do Concello de Santa Comba, davos a benvida ó portal do concello. |
|