|
|
Inicio
|
21/10/10 |
|
O Servizo Galego de Igualdade ( SGI ) concedeulle ó Concello de Santa Comba o curso de " LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO ", cun total de 100 horas, dirixido a mulleres desempregadas inscritas na Oficina de emprego. O curso desenvolverase en horario de mañá, do 25 de outubro ó 9 de novembro, de luns a sábados (inclusive). Serán un total de 13 días. Prazas ofertadas: 15 As interesadas poderán inscribirse o 21 e 22 de outubro ( xoves e venres ). Documentación necesaria: - Fotocopia D.N.I.. - Fotocopia DARDE ( tarxeta de desemprego ) INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: Oficina do CIM - Teléfono: 981 104309 Oficina de Formación - Teléfono: 981 880275 |
|
|
29/09/10 |
|
PARA ANOTARTE OU INFORMARTE CHAMA Ó 981 81 87 10 OU ACHÉGATE Ó DEPARTAMENTO DE CULTURA NO EDIFICIO MULTIUSOS. ESCOLA DE EDUCACIÓN DE ADULTOS . Alfabetización: xoves de 19:00 a 21:00 horas. E.S.O: de luns a venres de 16:00 a 22:00 horas. Bacharelato: martes/xoves, 20:00 a 22:00 h. Ensinanzas Mentor: luns, mércores e venres 18:00h. a 20:00h. martes, xoves 20:00 a 22:00h. ESCOLA: MÚSICA E DANZA TRADICIONAL. Materias:Baile rexional, pandeireta, gaita e acordeón. Horario: martes de 18:00 a 22:00 horas Venres de 17:00 22:00 horas |
|
Ler máis...
|
|
|
28/09/10 |
- A Oficina Municipal de Deportes abre o prazo de incrición para participar na XXII Liga de Fútbol Sala Sénior cun máximo de 20 equipos e de 12 fichas por equipo.
- Os partidos xogaranse no Pavillón Municipal de Fontenla e cando sexa necesario tamén se utilizará o Pavillón Municipal de Traba (Castriz).
- Os equipos que queiran inscribirse deberán traer a seguinte documentación: D.N.I. e dúas fotos de tódolos xogadores, ademais de nomear a un responsable de equipo, que non ten por que ser un xogador.
- A Cota de participoación é de 180 € por equipo.
- O último día para a inscrición na liga será o mércores 27 de outubro de 2010.
- Para máis información chamar ó 981 81 87 10 ou acudir á Oficina Municipal de Deportes (Edificio Multiusos).
|
|
|
28/09/10 |
|
A Concellaría de Deportes de Santa Comba abre o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais desde o 1 de outubro ata o 29 de outubro. Durante este mes, os nenos e nenas xalleiros/as poderán anotarse nas seguintes actividades: Baloncesto, Iniciación Deportiva, Fútbol-Sala, Balonmán, Voleibol, Fútbol-Sala Feminino, Tenis, Patinaxe, Aerobic Infantil e Taekwon-do. As actividades darán comezo o vindeiro día 4 de novembro. Durante esta última semana do mes, os que aínda non o fixeran, poden formalizar a súa inscrición na Oficina Municipal de Deportes, sita no Edificio Multiusos. A oferta deportiva de Santa Comba non remata só entre a mocidade, xa que os adultos tamén teñen a posibilidade de practicar distintas disciplinas a través do Concello. Concretamente, Taekwondo, Baloncesto,Patinaxe, Pilates e Aerobic, Esta última é a que está contando con máis demanda entre os xalleiros. Estas actividades han comezar tamén a principios do mes de novembro. Todos aqueles que desexen inscribirse ou obter máis información poden dirixirse á Oficina de Deportes ou chamar ó 981 81 87 10. |
|
|
14/09/10 |
|
O vindeiro mes de outubro dará comezo un curso de " AUTOCAD" de 80 horas, pertencente á programación de formación contínua para o 2010 ( FOREM ). O curso vai dirixido tanto para traballadores/as en activo coma para traballadores/as desempregados/as, inscritos na Oficina de Emprego. Hai un máximo de 15 prazas. Ten previsto o inicio o 13 de outubro e o remate, o 30 de novembro. Desenvolverase de luns a xoves, de 20,30 h. en diante, na Casa da Cultura. O prazo para cubrir as últimas prazas vacantes é ata o 30 de setembro As persoas interesadas diríxanse a: OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO CASA DA CULTURA AVDA. ALFONSO MOLINA, S/N SANTA COMBA Teléfonos de contacto: 981 880275 / 663728782 |
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
| | Resultados 61 - 70 de 214 |
|
|
O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, davos a benvida e deséxavos unha boa navegación pola web do noso concello. |
|