Formulario de acceso






¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Inicio
R.C. DEPORTIVO vs F.C. BARCELONA
27/05/09

A Oficina Municipal de Deportes ten a disposición de tódolos-as xalleiros-as 50 entradas para o partido do sábado 30 de maio ás 21.00h en Riazor.

Preferentemente as entradas están dirixidas a rapaces e rapazas e as prazas cubriranse polos-as 50 primeiro apuntados.

Así que xa sabes,  se te animas, apúntate canto antes na Oficina de deportes na Casa da Cultura ou chamando ó 981 88 02 75 ou ó 663 728 964.

 
PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES - IMSERSO
25/05/09
Modalidades:Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan disfrutar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2009 e xuño de 2010, segundo a modalidade:
  • Estadías en zonas costeiras.
  • Viaxes culturais para coñecer a Historia e a Arte de España.
  • Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.
  • Intercambio con outros países.
Servizos incluídos:
  • Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación
  • Póliza colectiva de seguros
Nos viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación. Prezos por persoa das diferentes quendas:A previsión de prezos para a tempada 2009/2010 é a seguinte:
Destinos 8 días 10 días 15 días 15 días combinados 29 días 29 días combinados
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana 160,40 € 207,50 € 303,20 €   514,50 € 545,70 €
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) 136,10 € 168,90 € 246,00 €      
Baleares 187,50 € 238,10 € 327,80 €   545,10 € 575,90 €
Baleares (sen transporte) 136,10 € 168,90 € 246,00 €      
Canarias 244,10 € 311,70 € 462,50 € 493,20 €    
Portugal 178,20 € Estes prezos inclúen o aloxamento en habitación dobre a compartir.
No caso de aloxamento en habitación individual estes prezos teñen un incremento de 12,70 € por noite para os destinos de península e Baleares, 14,70 € por noite para Canarias e 17,85 € por noite para os destinos de viaxes Culturais e Turismo de Natureza.
Viaxes culturais (6 días) 170,10 €
Turismo de Natureza ( 5 días) 164,40 €

-Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais durante 6 días (5 pernoctacións) en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica. -Turismo de natureza: Realizaranse en quendas de 5 días (4 pernoctacións) en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza.
Ler máis...
 
O CONCELLO DE SANTA COMBA SOLICITA UN OBRADOIRO DE EMPREGO
12/05/09

O Concello de Santa Comba solicitou un obradoiro de emprego á Consellería de Traballo e Benestar.

As accións formativas que se solicitaron son:

 

- Albanelería ( 15 alumnos/as )

- Carpintería ( 15 alumnos/as )

 

Estes programas mixtos de formación e emprego están dirixidos á mellora da empregabilidade das persoas traballadoras desempregadas de 25 ou máis anos de idade, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servicios de utilidade pública ou interese social.

Ademais de estar inscrito na Oficina de Emprego, é necesario ter solicitado na mesma participar nun obradoiro de emprego.

As bases reguladoras destas axudas poden consultarse no DOGA nº 9 , do 14 de xaneiro de 2009 ( Orde do 30 de decembro de 2008 pola que ese establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2009 ).

INFORMACIÓN:

Oficina de Formación e Emprego

Casa da Cultura

Teléfono: 981880275 - 663728782

 
CURSOS DE FORMACIÓN - PLAN AFD ( antigo Plan FIP )
08/05/09

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu ao Concello de Santa Comba as seguintes accións formativas, dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as, Plan AFD ( antigo Plan F.I.P. ):

 

- CARPINTEIRO/A ( Código MAMS10 )

Datas estimadas de inicio e finalización: 01/06/2009 - 30/11/2009

- EBANISTA ( Código MAMS40 )

Datas estimadas de inicio e finalización: 01/06/2009 - 24/11/2009

- INFORMÁTICA DE USUARIO ( Código nº IFCI23 )

Datas estimadas de inicio e finalización: 01/06/2009 - 05/08/2009

- APLICACIÓNS INFORMÁTICAS DE XESTIÓN ( Código nº ADGC02 )

Datas estimadas de inicio e finalización: 17/08/2009 - 16/11/2009

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina de Formación e Emprego

Casa da Cultura

Avda. Alfonso Molina, S/N

15840 - Santa Comba

Teléfonos de contacto: 981 880275 - 663728782

 

 
NOVO OBRADOIRO DO BANCO DO TEMPO
08/05/09

APRENDE ALEMÁN BÁSICO CO BANCO DO TEMPO

O Concello de Santa Comba, a través do Banco do Tempo, levará a cabo un obradoiro no que se impartirán nocións básicas de alemán, durante o meses de maio e xuño. Será impartido, de balde, por unha usuaria do Banco, experta na materia, e desenvolverase no edificio da Casa da Cultura.

Inscrición e prazo: o prazo de inscrición está aberto ata o 18 de maio na oficina do Banco do Tempo da Casa da Cultura. As prazas serán limitadas.

Para máis información: Axencia Municipal do Banco do Tempo Casa da Cultura. Avda. Alfonso Molina s/n 15840. Santa Comba.Teléfonos: 981 818679/981 880275 - Fax: 981 880401 - Correo: Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 31 - 40 de 132
Benvida

Miguel Pérez Fernández

Miguel Pérez Fernández, alcalde presidente do Concello de Santa Comba, davos a benvida ó portal do concello.

 

Axenda

« < Marzo 2010 > »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4