Formulario de acceso






¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Inicio
BASES DO CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO SANTA COMBA 2009
13/02/09

PRIMEIRA.- PARTICIPANTES

 

Poderán participar no concurso tódolos nenos e nenas de idades comprendidas entre 0 e 12 anos, de xeito individual, por parellas ou en grupos de ata cinco persoas.

Os participantes deberán cubri-lo formulario de inscrición.

 

SEGUNDA.- LUGAR E PRAZOS DE PRESENTACIÓN

As solicitudes para participar no concurso entregaranse na Casa da cultura ou no Edificio multiusos do concello, ata o venres 20 de febreiro, en horario de mañá e o mesmo día ata o momento do concurso, no propio pavillón.

 

TERCEIRA.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DO CONCURSO

No pavillón polideportivo municipal, o domingo 22 de febreiro, no transcurso da festa do entroido, que dará comezo ás 17:00 h.

 

CUARTA.- GAÑADOR DO CONCURSO

O xurado estará composto polo concelleiro de cultura, por persoal do concello ou persoas nas que deleguen, e por dúas persoas do público elixidas ó chou.

Para a designación dos gañadores, o xurado valorará o deseño dos traxes, a imaxinación, a orixinalidade e a simpatía dos participantes.

 

QUINTA.- PREMIOS

Un premio para o mellor grupo ou parella, dotado cun vale de 100 € para material escolar.

Tres premios (1º, 2º e 3º) para os mellores individuais, dotados con vales de 70 €, 50 € e 30 € respectivamente para material escolar.

NOTA: A participación neste concurso supón asumir todo o recollido nas bases.

 

SEXTA.- PUBLICIDADE

A publicidade das bases estará na páxina web do concello, www.santacomba.es, e as bases poderán recollerse na Biblioteca Municipal.
 
ENTROIDO 2009
13/02/09

Con motivo da celebración do Entroido 2009, o domingo 22 de febreiro terá lugar a partir das 17:00 horas a Festa do Entroido 2009.

O programa é o seguinte:

Ás 17:00 horas dará comenzo a Festa infantil de disfraces con inchables, obradoiros de maquillaxe e globoflexia, bonecos de animación...

A continuación e no trancurso da festa terá lugar o II Concurso infantil de disfraces 2009.

Arredor das 19:30 horas fallarase o I Concurso de filloas, que este ano é novidade na celebración destas festas. Repartiranse filloas entre os asistentes a festa.

As bases do concurso de disfraces infantil e o de filloas poderán recollerse na Biblioteca Municipal, en horario de mañá e tarde de luns a venres e os sábados pola mañá; ou ben poden consultarse nesta mesma páxina.

Para anotarse nos concursos poden facelo na Casa da Cultura ou no Edificio Multiusos ou ben nos teléfonos: 981 88 02 75 e 981 88 14 62.

 
IMPULSO RURAL
09/02/09
Impulso Rural
Ponte ó día en novas tecnoloxías para as túas xestións profesionais e persoais: internet, correo electrónico, negocio electrónico, banca electrónica, compras a través da rede, procura de emprego, ...
Xornada práctica, aberta e gratuita o día 3 de Marzo de 16:00 a 19:00 no telecentro do edificio multiusos.
Descrición e contidos da xornada: Ver pdf
 
Axudas ós danos producidos polo temporal
06/02/09


NOTA INFORMATIVA A Xunta de Galicia, en cumprimento do Decreto 13/2009 do 29 de xaneiro, fixo públicas as convocatorias de axudas para a reparación de danos causados polo temporal acaecido en Galicia

    1. axudas para as explotacións agrícolas e gandeiras Orde do 2 de febreiro

      (DOG martes 3 de febreiro)

    2. axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas e instalacións complementarias.

      Orde do 2 de febreiro  (DOG martes 3 de febreiro)

    3. axudas e subvencións por danos persoais Orde do 2 de febreiro

      (DOG martes 3 de febreiro)

  • Prazo de solicitudes: 1 mes a partir da publicación no DOG (3 de febreiro de 2008)
  • Información: Axencia de Desemvolvemento Local e Oficina de Medio Ambiente, sitas na Casa da Cultura do Concello de Santa Comba
 
ACTIVIDADES DA AXENCIA MUNICIPAL DO BANCO DO TEMPO NO MES DE FEBREIRO
06/02/09
O Concello de Santa Comba desde a súa Concellaría de Persoal, comercio, turismo , promoción e emprego a través do banco municipal do tempo, e en colaboración coa Concellaría de educación, xuventude, cultura e deporte; dedica o mes de febreiro a realización de diversos obradoiros:
1º OBRADOIRO: “Como actuar en diferentes situacións de risco na túa casa”.
1ºgrupo
Data e hora: luns 9 febreiro, ás 16:00h
Lugar: Centro sociocomunitario de benestar da terceira idade de Santa Comba
Dirixido a: terceira idade
2º, 3º e 4º grupo
Data e hora: luns 9 de febreiro, das 18:00h ata ás 22:00h
Lugar: edificio Vivenda comunitaria do concello
Dirixido a: establecidos 3 grupos con participación da poboación en xeral
5º grupo
Data e hora: Mércores 11 de febreiro, ás 16:00h
Lugar: Edificio multiusos do Concello
Dirixido a: “Asociación mulleres do Xallas”
6º grupo
Data e hora: Martes 17de febreiro, ás 16.00h
Lugar: Casa escola Guldriz
Dirixido a: “Asociación mulleres Santa Sabiña 2005”
2º OBRADOIRO: “Como elaborar o meu curriculum vitae”
 Data e hora: venres 27 de febreiro, ás 16:ooh
Lugar: Casa da Cutura do Concello
Dirixido a: poboación en xeral
 3º OBRADOIRO: “Elaboración de carantoñas para o entroido”
Data e hora: días 23 e 24 de febreiro, polas mañás (estableceránse grupos en función de idade)
Lugar: Edificio multiusos do Concello
Dirixido a: rapaces/as do concello

 

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Resultados 141 - 150 de 214
Benvida
Antonio Landeira Gallardo

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, davos a benvida e deséxavos unha boa navegación pola web do noso concello.
 

Axenda

« < Febreiro 2012 > »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4