|
|
Inicio
|
23/03/09 |
|
Programa de Iniciativas Emprendedoras e de Emprego (I+E+E) ano 2009 - Obxecto: apoiar, fomentar e dinamizar o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable. - Beneficiarios: empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, xa que para estas existe e deben acollerse ó seu programa específico. (Ver Programa de Promoción do Emprego Autónomo). As empresas solicitantes deberán cumprir, xunto cos requisitos establecidos na Orde, as seguintes circuntancias: · Ser empresas de nova creación · Ser viables económica e finaceiramente · Xerar emprego estable · Ser promovidas, como máximo, por cinco persoas · Non ter un capital social superior a 120.202 €. e que, polo menos, o 50% do mesmo sexa titularidade dos promotores/as desempregados/as que creen o seu propio posto de traballo na empresa. Tipos de Axuda: Subvención á xeración de emprego estables: os postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os dos propios promotores/as, que sexan ocupados por persoas desempregadas, ata un máximo de 10, incentivaranse dende 3.000 ata 6.000 € segundo as características do/a desempregado/a. Subvención financeira: consistente nunha redución de xuros de préstamos para financiar os investimentos en activo fixo necesarios para á creación e posta en marcha da empresa. Subvención para a asistencia técnica: dirixida tanto á formación coma á realización externa de estudos de mercado e análogos . Subvención para o inicio da actividade: para o financiamento dos primeiros gastos da actividade: constitución, aprovisionamentos, alugueiro de local,… Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos/as promotores/as: para custos de gardaría dos fillos/as menores de 3 anos.
Solicitudes e prazo: as solicitudes remitiranse á delegación da Consellería de Traballo (ou ó Dr. Xeral de Promoción do Emprego cando a actividade se vaia desenvolver en máis dunha provincia da Comunidade). O prazo xeral de presentación de solicitudes remata o 15 de setembro de 2009 e respectarase, en todo caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de subvención. Podes acceder á convocatoria do Programa e ás solicitudes premendo no seguinte enlace: Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)(TR340K) Información: Axencia de Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba. Telf.: 981 81 86 79 - Fax: 981 88 04 01 - E-mail:
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
|
|
|
20/03/09 |
|
O día 20 de marzo , a partir das nove da noite, terá lugar no Salón de Actos do Edificio Multiusos, un concerto de cantautores con CÉSAR DE CENTI e PARÍS JOEL. A entrada é de balde para o público en xeral. Trátase do Programa “Vai de Camiño”, que está organizado pola Concellaría de Innovación e Industria a través do Xacobeo, en colaboración co Concello de Santa Comba. O programa Vai de Camiño é o circuíto de espectáculos máis extenso que se desenvolve en Galicia. A idea xeral é a de levar espectáculos e manifestacións artísticas ós concellos de toda Galicia polos que pasan os camiños xacobeos e a promoción de artistas galegos. París Joel, da Coruña, fundou nos 80 o seu primeiro grupo, “El Búnker”, e tras tocar neste e noutros grupos comezou unha carreira en solitario cun repertorio baseado en temas líricos, intimistas e autobiográficos que o levaron a gravar diferentes discos e obter diversos premios. Pola súa parte, César de Centi é un habitual dos concertos e festivais, algúns dos cales organiza, e tamén ten publicado varios traballos discográficos |
|
|
17/03/09 |
|
Programa de Promoción do Emprego Autónomo ano 2009
Obxecto: promover e axudar a financiar proxectos empresariais que faciliten a creación do seu posto de traballo ás persoas desempregadas. Beneficiarios: desempregados/as que creen o seu propio posto de trababallo mediante a constitución como traballadores/as autónomos/as ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional. Os beneficiarios terán que ser titulares ou cotitulares do negocio ou explotación. Poden ser beneficiarios cando formen parte de sociedades civís e comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal, quedando excluídas as sociedades mercnatís, cooperativas, sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
Tipos de Axuda: - Subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia: As contías máximas da axuda oscilan entre: ata 5.000 €uros e ata 10.000 €uros segundo as características da persoa desempregada, sempre que acredite un investimento en inmovilizado fixo non inferior a 3.000 €uros
- Subvención financiera: consistente nunha redución de xuros nos préstamos necesarios destinados á constitución como traballador/a autónomo/a.
- Subvención para a formación: financiación parcial de certos cursos relacionados coa formación do traballador/a autónomo/a.
- Axuda excepcional: para o financiamento dos primeiros gastos da actividade: constitución, aprovisionamentos, aluguer de local,…
Solicitudes e prazo: as solicitudes remitiránse á delegación da Consellería de Traballo dentro dos dous meses seguintes á data de alta na Seguridade Social. O programa finalizará o 15 de setembro de 2009, pero é necesario ter en conta os prazos de presentación específicos segundo a data de alta na Seguridade Social ou mutualidade do Colexio Profesional. Información: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba. Telf.: 981 81 86 79 - Fax: 981 88 04 01 - E-mail:
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
|
|
|
17/03/09 |
|
Ponse en funcionamento a Aula Auxiliar Mentor do Concello de Santa Comba adscrita ó I.E.S. San Clemente, ofertando máis de 50 cursos de diferentes bloques: - Iniciación a informática
- PYME
- Ofimática
- Medios audiovisuais
- Deseño e autoedición
- Internet
- Electrónica
- Medio natural
- Saúde e educación
- Cultura e formación xeral
- Inglés.
|
|
Ler máis...
|
|
|
16/03/09 |
|
EMPREGO E FORZAS ARMADAS O Ministerio de Defensa, a través da Subdelegación de Defensa na Coruña, e co obxectivo de proporcionar unha canle axeitada de información permanentemente actualizada sobre as ofertas de emprego nas Forzas Armadas, solicitou a colaboración do Concello de Santa Comba para difundir e achegar dita información ós mozos e mozas comprendidos entre os 18 e 32 anos de idade. O obxecto principal é, pois, amosar a través de distintas canles de difusión, tódalas posibilidades de incorporación ás Forzas Armadas, desde distintos niveis formativos ós seus diferentes campos de actividade, especialidades e empregos. Para isto, o Concello creou un vínculo informático coa páxina web do Ministerio de Defensa ( www.soldados.com ), que poderás atopar no apartado ligazóns situado na cabeceira desta páxina. Por outro lado, tamén podes consultar no taboleiro de anuncios da Casa da Cultura, o listado de Relación de Prazas que oferta de forma periódica o Ministerio de Defensa. Por último, os interesados tamén poden solicitar información chamando ó teléfono 902 4321 00 |
|
| | << Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
| | Resultados 131 - 140 de 214 |
|
|
O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, davos a benvida e deséxavos unha boa navegación pola web do noso concello. |
|