|
14/04/09 |
|
A Casa da Cultura do Concello de Santa Comba acolle a exposición itinerante “ Galicia Biodiversidade ”. Poderá visitarse os días 15, 16 e 17 de abril. Con esta exposición didáctica, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, xunto co concello de Santa Comba, pretenden dar a coñecer a diversidade de ecosistemas, de especies e de variedades xenéticas que se conservan en Galicia. Que se estimule a toma de conciencia sobre a importancia da conservación da biodiversidade máis próxima que atesouramos en Galicia e, ó mesmo tempo, a mundial. Ademais quérense desenvolver comportamentos positivos cara á conservación das especies e dos seus hábits e fomentar actitudes responsables que favorezan a conservación da natureza. |
|
|
06/04/09 |
|
A VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR ACABA DE CONVOCAR AXUDAS PARA AQUELAS PERSOAS QUE TEÑAN Ó SEU CARGO FILLOS/AS MENORES DE TRES ANOS NA DATA A 1-1-2009 (NACIDOS ENTRE O 2-1-2008 E O 1-1-2009) , E QUE POR RAZÓN DE INGRESOS OBTIDOS DURANTE O ANO 2007 NON SUPEREN EN DITO EXERCICIO OS 22.000 EUROS. A PRESTACIÓN CONSISTIRÁ NUN PAGAMENTO ÚNICO DE 360 EUROS POR CADA UN DOS FILLOS MENORES QUE AS PERSOAS BENEFICIARIAS TEÑAN Ó SEU CARGO. |
|
Ler máis...
|
|
|
01/04/09 |
|
A VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR, A TRAVÉS DA SECRETARÍA XERAL DO BENESTAR, CONVOCA PARA O ANO 2009 UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL BENEFICIARIOS DO PROGRAMA: Poderán acollerse a este programa as persoas que reúnan os seguintes requisitos: a) Ser maior de 65 anos ou maior de 60 coa condición de pensionista b) Residir en Galicia c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de aistir ó Programa. d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin transtornos mentais ou condutuais, que poidan alterar a normal convivencia. e) Respecto ás quendas de carácter termal, precisar o tratamento solicitado. f) Ter presentado a solicitude dentro do prazo establecido. g)Acadar a puntuación que lle permita acceder ó destino solicitado. h) Ter efectuado a oportuna aceptación da praza e o pagamento do prezo estipulado. |
|
Ler máis...
|
|
|
01/04/09 |
|
ACOLLIDA TEMPORAL DE NENOS/AS SAHARAUIS As familias interesadas en acoller nenos/as saharauís durante este verán 2009, deberán anotarse antes do 14 de abril, no Departamento de Servizos Sociais do Concello Son rapaces e rapazas refuxiados dos campamentos do sur de Alxeria, nados nun clima de guerra, sometidos a duras condicións de vida. |
|
Ler máis...
|
|
|
30/03/09 |
|
Subvencións Rehabilitación e Renovación Vivendas no Medio Rural e Conxuntos Históricos de Galicia
A Consellería de Vivenda e Solo convocou, a través da Orde de 18 de febrerio de 2009, as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia (DOG nº 38, martes 24 de febreiro de 2009)
Obxecto: abrir a convocatoria no exercicio económico de 2009, nun procedemento de concurrencia non competitiva, das subvención a fondo perdio para as persoas promotoras de actuacións de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia, segundo co establecido no Decreto 157/2006, Decreto 90/2008 e a Orde do 27 de maio de 2008.
Requisitos das vivendas: deberán estar en posesión da cédula de rehabilitación ou da resolución de conformidade da mesma.
Prazo e presentación de solicitudes: ata o 1 de setembro de 2009 nas delegacións provinciais da Consellería de Vivenda.
Modelo de Solicitude: segundo o establecido no artigo 6 da Orde do 27 de maio de 2008, o modelo é o que figura como anexo na Orde do presente ano, á cal pode acceder premando no seguinte enlace:
Orde do 18 de febreiro de 2009, de subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia. Documento 03800D013P036.PDF
Para acceder á Documentación relacionada, pode facelo premando no seguinte enlace:
Documentación relacionada Convocatoria de axudas para a rehabilitación e renovación de calidade das vivendas e edificios, tanto no medio rural coma nos conxuntos históricos de Galicia
Información: Axencia de Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba.
Telf.: 981 81 86 79 - Fax: 981 88 04 01 - E-mail:
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 121 - 130 de 214 |