|
|
Inicio
|
06/06/09 |
Charla informativa "Trastornos da Personalidade".O Edificio Multiusos acollerá o vindeiro venres 12 de Xuño, ás 19:00 horas, unha charla informativa sobre "Trastornos da Personalidade". A charla será impartida pola " Asociación TP Galicia". O obxectivo fundamental da mesma é ofrecer información ás familias e doentes que sofren este tipo de trastorno, así como o de previr e poder establecer un diagnóstico precoz que nos permita poñer en práctica, o antes posible, os recursus de intervención necesarios. |
|
|
03/06/09 |
|
II FEIRA MULTISECTORIAL TERRA DE XALLAS
Xuntanzas informativas que se levarán a cabo ao longo da II Feira Multisectorial Terra de Xallas
1. Xuntanza do Programa GDR-24 Plan Leader 2007-2013
| Organizadores |
Asociación Terras de Compostela e Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local |
| Destinatarios |
Empresas, emprendedores, entidades asociativas, persoas físicas,.. |
| Ponentes |
José Montes, Ignacio Fernández Dosil, e Josefa Fernández Fernández, presidente, xerente e administrativa técnico da Asociación Terras de Compostela. |
| Lugar e data |
Edificio Multiusos, venres 5 de xuño ás 13:00 horas |
2. Xornada Centro Comercial Aberto (CCA) de Santa Comba
| Organizadores |
Asociación de Empresarios de Santa Comba e Concello de Santa Comba. |
| Destinatarios |
Empresarios e xerentes do sector comercio e servizos. |
| Lugar e data |
Edificio Multiusos_venres 5 de xuño ás 19:00 horas |
3. Xornadas sobre a Autosuficiencia Enerxética Rural e I Encontro Español de Vehículos Modificados para AVP (Aceite Vexetal Puro)
| Organiza e colabora |
Constantino Amigo. Ecoengin-Consultora de enerxías alternativas. Biocomb- Trader de aceites vexetais |
| Lugar e data |
Edificio Multiusos_Sábado 6 de xuño de 10 a 19:00 horas e Domingo 7 de xuño de 10 a 13:00 horas |
Aproveitamos tamén para convidarvos a asistir á II edición da Feira Multisectorial Terra de Xallas, que se levará a cabo os días 5, 6 e 7 de xuño, no recinto feiral de Santa Comba.Terá a ocasión de coñecer exposicións de empresas adicadas a diferentes sectores (construcción, carpintería, artesanía, industria, alimentación, ocio, xardinería,…), expomaquinaria agrícola, automoción,…
Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local. Centro de Cultura . Avda Alfonso Molina, s/n 15840 Santa Comba.
Telf.: 981 81 86 79 - Fax: 981 88 04 01 - E-mail:
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
|
|
|
27/05/09 |
|
A Oficina Municipal de Deportes ten a disposición de tódolos-as xalleiros-as 50 entradas para o partido do sábado 30 de maio ás 21.00h en Riazor. Preferentemente as entradas están dirixidas a rapaces e rapazas e as prazas cubriranse polos-as 50 primeiro apuntados. Así que xa sabes, se te animas, apúntate canto antes na Oficina de deportes na Casa da Cultura ou chamando ó 981 88 02 75 ou ó 663 728 964. |
|
|
25/05/09 |
■ Modalidades:Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2009 e xuño de 2010, segundo a modalidade: - Estadías en zonas costeiras.
- Viaxes culturais para coñecer a Historia e a Arte de España.
- Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescas.
- Intercambio con outros países.
■ Servizos incluídos: - Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
- Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
- Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
- Programa de animación
- Póliza colectiva de seguros
Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características, non se inclúen os servizos médicos e programa de animación. ■ Prezos por persoa das diferentes quendas:A previsión de prezos para a tempada 2009/2010 é a seguinte: | Destinos | 8 días | 10 días | 15 días | 15 días combinados | 29 días | 29 días combinados | | Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana | 160,40 € | 207,50 € | 303,20 € | | 514,50 € | 545,70 € | | Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) | 136,10 € | 168,90 € | 246,00 € | | | | | Baleares | 187,50 € | 238,10 € | 327,80 € | | 545,10 € | 575,90 € | | Baleares (sen transporte) | 136,10 € | 168,90 € | 246,00 € | | | | | Canarias | 244,10 € | 311,70 € | 462,50 € | 493,20 € | | | | Portugal | 178,20 € | Estes prezos inclúen o aloxamento en habitación dobre a compartir. No caso de aloxamento en habitación individual estes prezos teñen un incremento de 12,70 € por noite para os destinos de península e Baleares, 14,70 € por noite para Canarias e 17,85 € por noite para os destinos de viaxes Culturais e Turismo de Natureza. | | Viaxes culturais (6 días) | 170,10 € | | Turismo de Natureza ( 5 días) | 164,40 € |
-Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais durante 6 días (5 pernoctacións) en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica. -Turismo de natureza: Realizaranse en quendas de 5 días (4 pernoctacións) en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza. |
|
Ler máis...
|
|
|
12/05/09 |
|
O Concello de Santa Comba solicitou un obradoiro de emprego á Consellería de Traballo e Benestar. As accións formativas que se solicitaron son: - Albanelaría ( 15 alumnos/as ) - Carpintaría ( 15 alumnos/as ) Estes programas mixtos de formación e emprego están dirixidos á mellora da empregabilidade das persoas traballadoras desempregadas de 25 ou máis anos de idade, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social. Ademais de estar inscrito na Oficina de Emprego, é necesario ter solicitado na mesma participar nun obradoiro de emprego. As bases reguladoras destas axudas poden consultarse no DOG nº 9 , do 14 de xaneiro de 2009 ( Orde do 30 de decembro de 2008 pola que ese establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de escolas-obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2009 ). INFORMACIÓN: Oficina de Formación e Emprego Casa da Cultura Teléfono: 981880275 - 663728782 |
|
| | << Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
| | Resultados 111 - 120 de 214 |
|
|
O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, davos a benvida e deséxavos unha boa navegación pola web do noso concello. |
|