Formulario de acceso






¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Inicio
FESTA DO VERÁN
14/08/09

PISCINA MUNCIPAL DESCUBERTA

O venres 28 de agosto dende ás 12:00 do mediodía ata ás 19:00h todo o mundo poderá gozar dun grande espectáculo de son na piscina municipal descuberta. Tamén haberá inchables de auga e xogos acuáticos.

A entrada será de balde e lémbrase a obrigatoriedade de usar gorro para as actividades na auga.

 
XII DÍA DA BICICLETA
11/08/09

Un ano máis e xa van 12, o Día da Bicicleta está chegando...

O vindeiro domingo 30 de agosto, arredor das nove e media da mañá, darase a saída para unha nova ruta en bicicleta polas distintas parroquias do Concello de Santa Comba. Ó rematar o percorrido terá lugar unha churrascada na praia fluvial de Esmorode ou, se chove, no pavillón municipal de deportes.

Como agasallo, tódolos participantes terán unha camiseta conmemorativa do evento e tamén haberá distintos regalos para sortear entre os rapaces participantes.

O prazo de inscrición xa está aberto e pódese facer ou ben na Oficina Municipal de deportes situada na Casa da Cultura ou no 981 88 02 75 de nove a dúas da tarde.

Dende a Concellería de deportes queremos agradecer a participación e a axuda prestada nestes anos por Motos López.

 
R.C DEPORTIVO vs ATLÉTICO DE MADRID
05/08/09
TROFEO TERESA HERRERA ENTRE O DEPOR E O ATLETICO
A Oficina Municipal de Deportes do Concello de Santa Comba organiza unha saída parair ver o R.C. Deportivo da Coruña o vindeiro luns 10 de agosto en Riazor con motivo do trofeo Teresa Herrera contra o Atlético de Madrid. Tódolos interesados deben apuntarse na Oficina de Deportes ou no teléfono 663 728 968 canto máis antes xa que só se dispón de 50 entradas.
 
ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN
25/06/09

 

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN

 

COMPOSTELA CUP DO CAMIÑO´09

        Data: 24-28 xuño.

        FASE FINAL LIGA DA COSTA DA MORTE F-7.

        Data: 27 xuño.

       III XUNTANZA DE DEPORTES DE AVENTURA

Data: 02 de xullo.

CAMPUS DE FÚTBOL VERÁN 2009

Data: do 19 de xullo ó 25 de xullo.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2009

Data: do 12 de xullo ó 18 de xullo.

II CONCENTRACIÓN DE PATINAXE

Data: 17 de xullo.

FESTA DEPORTIVA DE VERÁN NA PISCINA DESCUBERTA

Data: última semana de agosto.

VI SEMANA DA BICICLETA

OBRADOIROS DIDÁCTICOS (de primeiros auxilios e circuitos viais)

Data: última semana de agosto.

XIII DÍA DA BICICLETA

Data: último domingo de agosto.

Máis información na Oficina municipal de deportes na Casa da Cultura ou no 981 88 02 75 - 981 81 86 81

 
ACTIVIDADES DE VERÁN
24/06/09

A partir do vindeiro 1 de xullo ábrese o prazo de información e anotación para as Actividades de Verán 2.009. Os rapaces e rapazas poderán participar en moi diversas actividades culturais, deportivas e de ocio, co obxectivo de optimizar o tempo libre; ofrecéndolles alternativas de ocio e a posibilidade de conciliar vida familiar e laboral dos pais durante as vacacións dos seus fillos.

 

XULLO:

SÁBADO 4: MAGO ROMARÍS ( 22:30 h ) no Campo da Feira.

MÉRCORES 8: DÍA DA AUGA. VIAXE A AQUAPARK. A partir dos 8 anos.

DO 13 AO 17 : CAMPAMENTO URBANO ( nenos de 5 a 8 anos).

VENRES 17: O CATRE TEATRO: “Contos de pés “. No Campo da Feira as 12:00 horas.

MÉRCORES 22: RUTA DE SENDERISMO ( 11 a 17 anos ).

MÉRCORES 29: EXCURSIÓN “Coñece a túa Costa” (8 a 17 anos).

AGOSTO:

MÉRCORES 5: RUTA DE SENDERISMO ( 5 a 10 anos ).

MÉRCORES 12: DÍA DA AUGA. VIAXE A AQUAPARK. A partir dos 8 anos.

DO 18 AO 29: CAMPAMENTO

* DO 18 AO 24: RAPACES DE 13 A 17 ANOS.

* DO 24 AO 29: RAPACES DE 8 A 12 ANOS.

OBRADOIROS DE INGLES.

SETEMBRO:

4 SETEMBRO: EXCURSIÓN : “ Fin de verán” ( 8 a 17 anos ).

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Resultados 101 - 110 de 214
Benvida
Antonio Landeira Gallardo

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, davos a benvida e deséxavos unha boa navegación pola web do noso concello.
 

Axenda

« < Febreiro 2012 > »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4