Formulario de acceso






¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Inicio
PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ 2010
03/03/10

ACOLLIDA TEMPORAL DE NENOS SAHARAUIS.

 

SON RAPACES E RAPAZAS REFUXIADOS DOS CAMPAMENTOS DO SUR DE ARXELIA, NADOS NUN CLIMA DE GUERRA, SOMETIDOS A DURAS CONDICIÓNS DE VIDA.

Ler máis...
 
CURSOS DE GALEGO: CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4.
22/01/10

O Concello de Santa Comba, a través da Oficina de Formación, solicitou á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os cursos de língua galega ( CELGAS ) que a continuación se relacionan:

- CELGA 2

- CELGA 3

- CELGA 4

Son cursos preparatorios, abertos ao público adulto en xeral, de carácter gratuito.

O número máximo de asistentes a cada curso será de 30.

A Resolución relativa aos mesmos saíu publicada no DGOA nº 5, do luns 11 de xaneiro de 2010. O prazo de inscricións nas probas rematará o día 25 de marzo de 2010 para a convocatoria de maio e o 7 de outubro de 2010 para as probas de novembro.

O Concello de Santa Comba abre un prazo para presentar a solicitude de participación nestes cursos preparatorios que será do 21 de xaneiro ao 26 de febreiro de 2010.

MÁIS INFORMACIÓN:

OFICINA DE FORMACIÓN

CASA DA CULTURA DE SANTA COMBA

TELÉFONOS: 981 880275 - 663728782

 
MANIPULADOR DE ALIMENTOS - ANO 2010
21/01/10

O Concello de Santa Comba levará a cabo as charlas para a obtención do diploma de MANIPULADOR DE ALIMENTOS para o ano 2010 nas datas seguintes:

- 23 de marzo

- 15 de xuño

- 14 de setembro

- 14 de decembro

Serán impartidas en horario de tarde ( inicio ás 16,00 horas ).

Poderanse impartir charlas con outras datas si existe un grupo de xente de 25 persoas como mínimo que confirmen a asistencia ás mesmas.

MÁIS INFORMACIÓN:

OFICINA DE FORMACIÓN

CASA DA CULTURA DE SANTA COMBA

Teléfonos: 981 880275 - 663728782

 
Subvencións Deputación
19/01/10
NOTA INFORMATIVA
 
Pola presente, infórmase a tódolos interesados que a Deputación da Coruña fixo pública no Boletín Oficial da Provincia, entre outras, as seguintes convocatorias dirixidas a entidades:
 
 
  • Convocatoria de programas de apoio á cultura dirixidos a entidades para actividades e investimentos durante o ano 2010
  • Convocatoria de programas de apoio ó deporte xeral e federado, dirixidos a entidades para actividades e investimentos durante o ano 2010
  • Convocatoria de programas de promoción económica, dirixidos a entidades para actividades e investimentos, para o ano 2010
  • Convocatoria de subvencións a entidades sen fins de lucro para servizos sociais especializados, socio-sanitarios e de fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, durante o ano 2010
  • Convocatoria de programas de promoción económica, dirixidos a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia, durante o ano 2010
O prazo para a presentación das solicitudes remata o día 01 de febreiro de 2010
Máis información en www.dicoruna.es
 
 
SUBVENCIÓNS PROXECTOS DINAMIZADORES AREAS RURAIS DE GALICIA
19/01/10
Subvencións aos Proxectos Dinamizadores das Areas Rurais de Galiza
Convocatoria 2010.
 

 

A Axencia Galego de Desenvolvemento Rural ven de publicar a Resolución do 15 de decembro de 2009 (DOG nº 250, xoves 24 de decembro), pola que se aproban as bases reguladoras das subvención aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2010.

A través desta Resolución preténdese dar continuidade á promoción do desenvolvemento rural galego mediante o apoio a actuacións de diferente natureza, dentro das seguintes medidas:

I. Diversificación cara a actividades non agrarias

II. Creación e desenvolvemento de microempresas

III. Fomento de actividades turísticas

IV. Servizos básicos para a economía e poboación rural

V. Conservación e mellora do patrimonio natural.

 

Beneficiarios: segundo a medida da actuación, poden ser beneficiarios, entre outros:

- Natureza Privada: persoas físicas, sociedades mercantiles, explotacións agrarias, asociacións/fundacións, comunidades de montes,…

- Natureza Pública: concellos, consorcios, mancomunidades,…

 

Solicitudes e Prazo: as solicitudes presentaranse segundo os modelos do anexo II da Resolución, dirixidas ao Director Xeral de Agader, antes do 22 de febrerio de 2010.

Pode ter acceso á referida Resolución premando aquí

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 10 de 132
Benvida

Miguel Pérez Fernández

Miguel Pérez Fernández, alcalde presidente do Concello de Santa Comba, davos a benvida ó portal do concello.

 

Axenda

« < Marzo 2010 > »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4