981880075
Seleccionar página

DURANTE A FASE 1

Que se empezará a aplicar o 11 de maio de 2020

O goberno anunciou as actividades e medidas proxectadas para a fase 1 de desescalada e que son as que de seguido se indican:

  • Poderase circular pola provincia, isla ou unidade territorial de referencia, sen prexuízo das excepcións que xustifique o desprazamento, respetando as medidas de seguridade e hixiene establecidas para o COVID-19 e, en particular, as relativas ao mantemento dunha distancia mínima de seguridade de, a lo menos dous metros, ou no seu defecto, medidas alternativas de protección física, de hixiene de mans e etiqueta respiratoria. A estes efectos, os grupos deberían ser dun máximo de dez personas, agás no caso de persoas convivintes. Permitirase o traslado a unha segunda residencia dentro da mesma provincia.
  • Permítese a movilidade interterritorial entre municipios colindantes de tránsito habitual para a realización de actividades socioeconómicas.
  • Os velatorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, cun límite máximo de quince persoas en espacios ao aire libre e dez persoas, en espacios pechados, sean ou non convivintes. Para a participación na comitiva para o soterramento ou para a cremación, restrínxese a un máximo de quince persoas, entre familiares e achegados, ademáis do cura ou persona sustituta. Sempre respectando as medidas de hixine para o COVID-19.
  • Nos lugares de culto permitirase a asistencia sempre que non supere un tercio do seu aforo e cumprindo as medidas de seguridade e hixiene. Se o aforo non estivera claro poderanse utilizar os seguintes estándares: Espazos con asientos individuais: unha persoa por asento debendo respetarse a distancia mínima dun metro. Espacios con bancos: unha persoa  por cada metro lineal de banco. Espacios sen asentos: unha persoa por metro cadrado de superficie reservada para os asistentes. Manterase a distancia de seguridade de, a lo menos, un metro entre as persoas. Non se poderán utilizar os exteriores dos edificios e tampouco a vía pública para a celebración de actos de culto. Para as confesións: Uso de mascarilla con carácter xeral. Antes de cada reunión ou celebración, tarefas de desinfección dos obxectos que se tocan con maior frecuencia. Organización de entradas e saídas. Poñerase á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados na entradas do culto. Non se permitirá o uso da auga bendecida.
  • Reapertura ao público de todos os establecementos e locais comerciais minoristas e de actividades de servizos profesionais, sempre que teña unha superficie útil de exposición e venda igual ou inferior a 400 metros cadrados, con excepción daqueles que se atopen dentro de centros comerciais sen acceso directo e independente dende o exterior, sempre e cando se reduza ao trinta por cento o aforo total nos locais comerciais. Deberase garantir unha distancia mínima de dous metros entre clientes e nos que non se poida garantir esta distancia, permitirase únicamente a permanencia dentro do local dun cliente. Maiores de 65 anos teñen preferencia de atención. As medidas de hixiene comprenderán entre outras: limpeza e desinfección dúas veces ao día (unha delas realizarase á última hora do día), utilizaranse desinfectantes, os EPIS utilizados eliminaranse de xeito seguro, procederase ao lavado e desinfección diaria dos uniformes e roupa de traballo, non se utilizarán os aseos dos establecementos comerciais por parte dos clientes, salvo casos urxentes (neste caso realizarase a desinfección inmediata do mesmo), todos os locais deberán contar con papeleiras con tapa e pedal e deberán ser limpas frecuentemente e a lo menos unha vez ao día. Nos establecementos nos que sexa posible a atención personalizada de máis dun cliente ao mesmo tempo, deberá sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersonal de dous metros entre clientes, con marcas no chan, uso de balizas etc. Os establecementos deberán poñer a disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos con actividade virucida autorizados.

Agás as medidas de hixiene, o resto de medidas non serán de aplicación aos establecementos e locais minoristas que xa estaban abertos ao público, que poderán ampliar a superficie útil de exposición ou venda.

  • Reapertura ao público, mediante a utilización de cita previa: os concesionarios de automoción, as ITV, os centros de xardinería e viveiros de plantas calquera que sexa a súa superficie útil de exposición e venda, as entidades concesionarias do xogo público (agás os que se atopen en centros comerciais sen acceso directo).
  • Todos os locais poderán establecer, sistemas de recollida no local de produtos adquiridos por teléfono ou en línea, garantindo sempre a recollida escalonada. Poderán establecer sistemas de reparto a domicilio para colectivos determinados.
  • Reapertura dos mercados e/ou mercadillos que desenvolvan a súa actividade ao aire libre, dando preferencia a aqueles produtos alimentarios e de primeira necesidade. Os Concellos establecerán requisitos de distanciamento e delimitación entre postos, co obxeto de garantir a seguridade e distancia entre traballadores, clientes e viandantes. Garantizarase unha limitación ao 25% dos postos habituais ou autorizados e unha afluencia inferior a un tercio do aforo habitual, podendo alternativamente proceder ao aumento da superficie habilitada para o exercicio desta actividade. A distancia entre os postos dos mercados ao aire libre e os viandantes será de dous metros en todo momento.

Resulta moi difícil garantir as medidas de seguridade e hixiene que establece o goberno nas feiras e mercados. Éste é o motivo polo que ao longo do mes de maio o Concello de Santa Comba non autorizará a celebración das feiras municipais.

  • Reapertura das terrazas ao aire libre dos establecementos de hostelería e restauración, limitándose ao 50 % das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior en base á correspondente licenza municipal e deberán asegurarse que se mantén a distancia física de a lo menos dous metros entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas, respetando a distancia mínima de seguridade interpersonal. As medidas de hixiene e/ou prevención serán: Limpeza e desinfección do equipamento da terraza entre un cliente e outro. Mantelerías de un só uso en caso de usalas e dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados nas entradas dos locais. Evitaranse ou uso de cartas común. Eliminaranse servilleteros, palilleiros, vinagreiras e aceiteiras ou similares.
  • Os Servizos Sociais deberán garantir a prestación efectiva de todos os servizos recollidos no Catálogo de Referencia de Servizos Sociais. Os Centros deben estar abertos e dispoñibles, pero priorizarase a prestación de servizo por vía telemática. Garantizarase a dispoñibilidade de acceso aos servizos de terapia, rehabilitación, atención temperá e atención diurna para personas con discapacidade e/ou en situación de dependencia.
  • Apertura dos centros educativos para a súa desinfección, acondicionamento e para a realización de función administrativas. Será responsabilidade dos directores dos centros educativos determinar o personal docente e auxiliar necesario para levar a cabo as citadas tareas. Deberá garantirse unha distancia mínima de seguridade de dous metros. Limitarase ao máximo o uso do papel. Disporán de medidas de separación entre os traballadores e os usuarios. Os centros educativos deberán proveer aos seus traballadores do material de protección.
  • Apertura dos centros universitarios para levar a cabo a súa desinfección, acondicionamento, así como xestións administrativas inaprazables garantindo unha distancia física de seguridade de dous metros entre os traballadores, así como entre éstes e os alumnos. Deberán proveer ao personal do material de protección necesario.
  • Apertura dos laboratorios universitarios para as labores de investigación que lles son propias, garantindo a distancia física de seguridade de dous metros entre o personal do laboratorio. Deberán proveer ao personal dos laboratorios do material de protección. O personal do laboratorio deberá desinfectar todo o material utilizado unha vez rematado o seu uso.
  • Reapertura gradual de instalacións científico-técnicas. Deberán garantir a protección das persoas que presten servizos nas mesmas e o cumprimento das medidas de prevención e hixiene. Desinfección e limpeza periódica dos locais e instalacións onde se desenvolvan esas actividades. Fomentarase o teletraballo para quen poidan realizar a sua actividade laboral a distancia e para quen non, flexibilidade de quendas ou adaptación de xornadas.
  • Celebración de seminarios e congresos científicos ou innovadores cumprindo a distancia física exixida de dous metros (ou no seu defecto dispoñer de equipos de protección axeitados ao nivel do risco) sen superar en ningún caso a cifra de 30 asistentes, debendo fomentarse a participación non presencial daqueles que poidan prestar a súa actividade a distancia. Garantir a limpeza e desinfección dos locais onde se desenvolvan as mesmas.
  • Reapertura das bibliotecas e servizos autorizados tanto de titularidade pública como privada para as actividades de préstamo e devolución de obras, lectura en sala, así como para información bibliográfica e bibliotecaria. Non poderán levarse a cabo actividades culturais, actividades de estudo en sala ou de préstamo interbibliotecario. Non se poderán facer uso dos ordenadores das bibliotecas adicados para o uso público dos cidadáns. As medidas de hixiene serán, proceder á limpeza e desinfección das instalacións, mobiliario e equipos de traballo e nas zonas de acceso e nos puntos de contacto co público, ubicaranse dispensadores de xeles hidroalchólicos ou desinfectantes con actividade virucida. Instalación de pantallas se procede e marcas no chan. Habilitarase un espacio na biblioteca para depositar, durante a lo menos catorce días, os documentos devoltos ou manipulados e dispoñer de carros suficientes para o seu traslado. O responsable da biblioteca deberá organizar o traballo para que a manipulación deses libros se faga polo menor número de traballadores posible e establecerá unha reducción do aforo ao 30% para que se cumplan as medidas de distancia social. Evitar a utilización de aseos, salvo casos de forza maior.
  • Visitas públicas aos museos, de calquera titularidade e xestión, poderán abrir a súas instalacións ao público, para permitir as visitas ás coleccións e ás exposición temporais, reducíndose a un tercio o aforo previsto para cada unha das súas salas e espazos públicos. Deberán axeitar as súas instalacións para garantir a protección de traballadores e cidadáns, alteracións de percorridos, ordenación de entradas e saídas, exclusión de salas que non permitan manter a distancia mínima de seguridade. Só están permitidas as visitas e non se permitirá a realización de actividades culturais nin didácticas. Estarán inhabilitados o uso de elementos museográficos, audioguías, folletos en sala etc. As visitas serán individuais. Recoméndase a venda online de entradas. As colas de espera deberán gardar as distancias de seguridade de dous metros. Nas zonas de acceso e nos puntos de contacto co público, ubicaranse dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados. Mamparas de protección nas taquillas ou mostradores, sinalización pertinente, limpeza e desinfección de espazos e vitrinas adecuados ao valor artístico ou histórico.
  • Poderá procederse á realización das actividades asociadas á producción e rodaxe de obras audiovisuais previstas na orden publicada o 09/05/2020 sempre que se cumpran as medidas hixiénicas e sanitarias establecidas.
  • Reapertura ao público dos locais e establecementos nos que se desarrollen actos e espectáculos culturais sempre que non superen un tercio do aforo autorizado. Ademáis, se se realizan en lugares pechados, non poderá haber máis de 30 persoas en total e, se son ao aire libre, dito aforo máximo será de 200 persoas, e sempre que cumpran os requisitos da orde SND/399/2020. Recomendarase a venda online de entradas, asentos numerados, debendo inhabilitarse as butacas que non cumpran cos criterios de distanciamento, evitarase o paso de persoas entre filas, estableceranse marcas de distancia no chan, acceso e saídas escalonadas, non se entregarán folletos, non se prestarán servizos de cafetería, gardarroupas, etc. Sempre que sexa posible, a distancia entre os traballadores de sala e o público será de dous metros. Os establecementos poñerán dispensadores de xeles ou desinfectantes con actividade virucida a disposición do público. A limpeza e desinfección será a lo menos unha vez ao día, previa á apertura e entre cada función. A limpeza e desinfección dos aseos será ao inicio e ao final de cada representación así como nos intermedios e/ou pausas. Os actores ou actrices terán uns protocolos especiales de seguridade.
  • Apertura dos centros de alto rendemento. Os deportistas poderán acceder cun entrenador (circunstancia que se deberá acreditar) agás as persoas con discapacidade ou menores que requiran a presencia dun acompañante. Procederase a súa desinfección e limpeza con carácter previo á apertura do Centro e ao remate de cada turno de entrenamento. Os entrenamentos deberán realizarse de xeito individual e sen contacto físico e coas distancias de seguridade, cun máximo de dúas horas e media. Respetarase o límite do 30% do aforo para deportistas en función da superficie da instalación.
  • Os clubs deportivos ou Sociedades Anónimas deportivas poderán desarrollar entrenamentos de tipo medio que consistirán no exercicio de tarefas individualizadas de carácter físico e técnico en grupos de ata un máximo de dez, mantendo as distancias de prevención de dous metros de maneira xeral e evitando o contacto físico. Realizaranse por quendas sempre que sexa posible. Poderán asistir ás sesións de entrenamento o personal técnico. Poderanse utilizar os vestiarios. Ás sesións de entrenamento non poderá asistir a prensa. Deberase facer unha limpeza e desinfección ao rematar cada entrenamento tanto das instalación como do material utilizado.
  • Apertura de instalación deportivas ao aire libre. Poderase proceder á apertura das instalación deportivas ao aire libre para a realización de actividades deportivas coas limitacións que recolle este artigo. Poderá acceder ás mesmas calquera cidadán que desexe realizar unha práctica deportiva agás piscinas e zonas de auga. Limpeza e desfinfección antes da reapertura. A actividade deportiva requerirá de cita previa coa entidade xestora da instalación. Poderase permitir a práctica deportiva individual ou aquelas prácticas que se poidan desenvolver por un máximo de dúas persoas sempre sen contacto físico, mantendo a distancia social de dous metros e respetando o límite do 30% de capacidade de aforo de uso deportivo en cada instalación. Procederase a limpeza de zonas comúns, e en cada quenda, deberase limpar e desinfectar o material compartido despois de cada uso.
  • Actividade deportiva individual con cita previa en centros deportivos. As instalacións e centros deportivos de titularidade pública e privada, poderán ofertar servicios deportivos dirixidos ao desenvolvemento de actividades deportivas con carácter individualizado e con cita previa non podendo superar en ningún caso o 30% do aforo de usuarios, nin minorar a distancia de seguridade de dous metros entre personas. A actividade deportiva individualizada só permitirá a atención a unha persoa por entrenador e quenda. Se o centro conta con varios entrenadores poderá prestar o servizo individualizado a tantas persoas como entrenadores dispoña. En ningún caso se abrirán os vestuarios e zonas de ducha aos usuarios. Desinfección e limpeza do centro con carácter previo e despois de cada uso, así como ao remate da xornada.
  • Apertura ao público de hoteles e aloxamentos. As zonas común permanecerán pechadas. Non estará permitida a utilización de piscinas, ximnasios, miniclubs, zonas infantís, discotecas, salóns de eventos e todos aqueles espazos análogos que non sexan imprescindibles para o uso de hospedaxe do hotel ou aloxamento turístico. As zonas que non estén en uso deberán estar identificadas como acceso restrinxido ou clausuradas totalmente. Nas zonas de recepción ou conserxería deberá garantir a separación de dous metros ou no seu defecto os equipos de protección axeitados. A limpeza  e desinfección das zonas comúns farase a lo menos cada dúas horas. Disporán dun procedemento documentado de limpeza polo COVID-19 que marcará as pautas das unidades a limpar, frecuencia,  produtos a utilizar, etc.
  • Poderanse realizar actividades de turismo e natureza por empresas rexistradas como empresas de turismo activo, para grupos e ata un máximo de 10 persoas, que se concertarán mediante cita previa. Garantizarase a distancia de seguridade interpersonal de dous metros e cando non se poida, deberanse utilizar os equipos de protección axeitados. Desinfección do equipamento despois de cada uso.
  • Segundo establece a Orde  SND/399/2020, a práctica da pesca e da caza deportiva non se atopan comprendidas dentro da práctica non profesional dos deportes individuais que non requiran contactos con terceiros. Estase a espera dunha posible rectificación por parte do Goberno.
  • Nas motocicletas, ciclomotores e vehículos categoría L en xeral, que estén provistos con dúas prazas homologadas (condutor e pasaxeiro), poden viaxar dúas persoas sempre que leven casco integral con viseira, ou utilicen mascarilla ou que residan no mesmo domicilio. O uso de luvas será obrigatorio por parte do pasaxeiro, tamén por parte do condutor no caso de motocicletas e ciclomotores adicados ao uso compartido. Serán admitidos as luvas de protección dos motoristas.
  • Nos transportes privados particulares e privados complementarios de persoas en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, poderán viaxar tantas persoas como prazas teña o vehículo, sempre que todas residan no mesmo domicilio. Neste suposto non se precisa mascarilla. Cando non todas convivan no mesmo domicilio, poderán desprazarse dúas persoas por cada fila de asientos, sempre que utilicen mascarillas e respeten a máxima distancia entre os ocupantes.
  • Nos transportes públicos en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, poderán desprazarse dúas persoas por cada fila adicional de asientos respecto da do condutor, debendo garantir, a distancia máxima entre os seus ocupantes. Se todos os usuarios conviven no mesmo domicilio poderán ir tres persoas.
  • Nos vehículos nos que, polas súas características técnicas, se dispoña dunha fila de asientos como por exemplo cabinas de vehículos pesados, furgonetas etc, poderán viaxar como máximo dúas persoas, sempre que os seus ocupantes utilicen mascarillas e garden a máxima distancia posible. En caso contrario só poderá viaxar o condutor.
  • Nos transportes públicos, regular, discrecional e privado complementario de viaxeiros en autobús, así como nos transportes ferroviarios, nos que todos os ocupantes deben ir sentados, o operador limitará a ocupación total de prazas de maneira que os pasaxeiros teñan un asiento vacío contiguo que os separe do resto, agás que as persoas que viaxan xuntas vivan no mesmo domicilio que poderán ir en asentos contiguos. Especial atención ás persoas con discapacidade. Se existiran plataformas para ir de pé, procurarase que as personas manteñan entre si a máxima distancia posible, tomando como referencia a dous viaxeiros por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pé.

O Alcalde

David Barbeira García

Santa Comba, a 10 de Maio de 2020.