Doazón de Sangue

Para garantir a seguridade das persoas que acuden a doar sangue, ADOS impulsa en Galicia a cita previapara doar sangue.

Todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828 e serán citadas a un lugar concreto (unidade móbil ou local de doazón) e nunha franxa horaria determinada.

A confirmación da cita para doar sangue chegará mediante mensaxe (SMS) ao seu teléfono móbil, que deberán gardar para poder acreditar o seu desprazamento no caso de ser identificados polas autoridades competentes. Unha vez realizada a doazón de sangue, cada doante recibirá un xustificante da súa doazón, que permite xustificar o seu desprazamento de regreso ao seu domicilio.

Este sistema reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón e tentar garantir unha afluencia axeitada e ordenada de doantes para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.

Pregamos a todos os cidadáns e, especialmente, ás persoas que son doadores e doadoras de sangue, á máxima colaboración re responsabilidade e que respecten todas as recomendacíóns das autoridades sanitarias, evitando desprazamentos innecesarios ou non permitidos.

Para solventar calquera dúbida, pode contactar co 900 100 828, a web ados.sergas.gal e as redes sociais de ADOS (faceboook, instragram e Twitter).

Grazas pola vosa colaboración

gl_ESGalego
es_ESEspañol gl_ESGalego