981880075
Seleccionar página

O IGAPE publica axudas dirixidas a pemes do sector servizos e turismo e micropemes do sector comercio polo miúdo e imaxe persoal para crear espazos seguros e introducir cambios nas prácticas empresariais que faciliten unha axeitada reactivación tras a COVID19.
Son subvencionables:
1. Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo 2. A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do cliente con elementos ou superficies e evitar a súa contaminación 3. A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e cliente 4. A instalación de equipos de desinfección de superficies, ambientes e produtos. 5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica 6. A adquisición de equipos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento. 7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante a COVID-19, implementadas no establecemento. 8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao COVID-19
Prazo de presentación de solicitudes: 31 de XULLO DE 2020

Consulta aquí as bases:

Programa Reactiva Servizos/Turismo ➡️ http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP403
Programa Reactiva Comercio/Imaxe persoal ➡️ http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP400