|
|
Inicio
|
03/09/10 |
|
A partir do lúns 13 de setembro a Biblioteca Pública Municipal retoma o seu horario habitual:
De lúns a venres: 09:00 a 14:00 horas
15:00 a 20:30 horas
Sábados: 09:30 a 13:30 horas |
|
|
28/08/10 |
|
DATA: domingo 29 de agosto.
SAÍDA: ás 9.30h diante da Casa de Cultura.
PERCORRIDO: este ano son arredor de 35 km polas distintas parroquias do Concello de Santa Comba.
HABERÁ AGASALLOS DE PARTICIPACIÓN PARA TODOS OS CICLISTAS ADEMÁIS DUNHA CHURRASCADA NA PRAIA FLUVIAL DE ESMORODE (se o tempo está bó).
O final da xornada sortearase unha bicicleta, entre todos os rapaces participantes, donada por Motos López; ademáis de premiar ó participante máis novo e ó participante máis veterán. |
|
|
18/06/10 |
SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA MUNICIPAL.
A través do Servizo Municipal de Normalización Lingüística do Concello de Santa Comba, creado coa axuda dun convenio coa DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA, presta asesoramento ante tódalas necesidades que o organismo poida ter sobre a lingua e os modelos lingüísticos que debe utilizar nos seus documentos de traballo e nas súas comunicacións co exterior; información sobre formación (Celgas); dinamización (a través da organización de todo tipo de iniciativas, sobre todo de carácter lúdico); ademais de resolución de consultas lingüísticas, axuda e colaboración con asociacións e mesmo a calquera particular que así o demande, co fin de cooperar, co fomento necesario, para contribuír á extensión social do uso da lingua propia de Galicia.
Lugar: Edificio Multiusos.
Tfno.: 981 81 87 10 / 663 729 202
|
|
|
16/06/10 |
|
EXPOSICIÓN 25 ANIVERSARIO DA CRTVG
LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS MUNICIPAL
DATAS. DO MARTES, 22 DE XUÑO Ó VENRES, 25 DE XUÑO.
HORARIO: DE 10:00 H A 14:00 H. E DE 16:00 H. A 20:00
Con motivo do 25º da Televisión de Galicia e da Radio Galega, Santa Comba acolle a exposición itinerante da CRTVG conformada por unha serie de paneis fotográficos ilustrativos que recollen os diferentes momentos que marcaron o pasado e o presente da compañía e unha zona expositiva de obxectos e aqueles materiais (cámaras, magnetoscopios, mesas de mestura de vídeos ou son, magnetófonos de bobinas, cámaras ENG, pratos xira discos ... e mesmo o popular xabarín) que utilizaron nos comezos e que serven para ver a evolución tecnolóxica da sociedade galega e da CRTVG.
A exposición, conta, ademais, cun plató Chroma-Key no que tódolos visitantes poderán emular ós locutores da televisión e converterse, por un momento, en presentadores de informativos, como verdadeiras estrelas, da televisión e verse reflectidos nunha pantalla TFT de gran formato, inmersos nun decorado ad hoc.
|
|
|
18/05/10 |
|
O Concello de Santa Comba abre o prazo de inscrición para a realización dun curso de " AUTOCAD ". O curso está dirixido a traballadores en activo ( réxime xeral, autónomos, ...), cunha duración aproximada de 60 horas. O horario será de tarde / noite e as prazas existentes son 15. A inscrición levarase a cabo na Oficina de Formación, na Casa da Cultura de Santa Comba. Documentación necesaria: - Fotocopia D.N.I.. - Fotocopia tarxeta sanitaria. - Fotocopia nómina ou recibo de autónomos do mes inmediatamente anterior. PRAZO DE INSCRICIÓN: ATA O 18 DE XUÑO . Para mais información: Oficina de Formación ( Teléfono: 981 880275 ) |
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
| | Resultados 1 - 10 de 148 |
|
|

Miguel Pérez Fernández, alcalde presidente do Concello de Santa Comba, davos a benvida ó portal do concello. |
|